Segundo a Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18, nos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 22 de xuño), as datas a ter en conta o curso 2017-2018 son:
CURSO ACADÉMICO 2017-2018
Comezo do curso escolar: 1 de setembro de 2017
Remate do curso escolar: 31 de agosto de 2018
Probas extraordinarias de setembro: ata o 5 de setembro de 2017, incluído
Sesións de avaliación extraordinarias: ata o 6 de setembro de 2017, incluído
Prazo extraordinario de matrícula: ata o 11 de setembro de 2017, incluído
Comezo de actividades lectivas: 15 de setembro de 2017
Remate de actividades lectivas: 21 de xuño de 2018
VACACIÓNS / XORNADAS NON LECTIVAS
- Nadal: desde o 22 de decembro de 2017 ata o 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive
- Entroido: 12, 13 e 14 de febreiro 2018
- Semana Santa: desde o 24 de marzo ata o 2 de abril de 2018, ambos inclusive
- Día do ensino: 7 de decembro de 2017
- Xornada non lectiva elixida polo propio centro: 30 de abril de 2018 (luns)
- Os festivos declarados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da antedita Consellería
CONMEMORACIÓNS
- 20 de novembro de 2017: Día Universal da Infancia
- 25 de novembro de 2017: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- Do 1 ó 11 de decembro de 2017: Constitución e Estatuto de Autonomía de Galicia
- 3 de decembro de 2017: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
- 10 de decembro de 2017: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
- 30 de xaneiro de 2018: Día Escolar da non Violencia e da Paz
- 8 de marzo de 2018: Día Internacional da Muller
- 15 de marzo de 2018: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor
- Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa (un día desta semana traballarase na aula con xornais)
- 7 de abril de 2018: Día Mundial da Saúde
- Entre o 23 e o 27 de abril de 2018: Semana do Libro
- 9 de maio de 2018: Día de Europa
- Do 14 ao 18 de maio de 2018: Semana das Letras Galegas
- 5 de xuño de 2018: Día Mundial do Medio Ambiente