Biblioteca > Muller e Feminismo > Sufraxismo > O primeiro feminismo británico
* O PRIMEIRO FEMINISMO BRITÁNICO |
||||
Mary Wollstonecraft (1759-1797) inicia coa súa obra Vindicación de los Derechos de la Mujer (1792) a longa tradición do feminismo anglosaxón. Contraria ao absolutismo dos reis, sinalou a conexión existente entre ese sistema político e as relacións de poder entre os sexos. Os homes exercían unha verdadeira tiranía absolutista sobre as mulleres no ámbito da familia e a casa.
Entre os pensadores liberales británicos destaca a figura de John Stuart Mill (1806-1873), quen, xunto á súa muller Harriet Taylor Mill (1807-1856), publicou El Sometimiento de la Mujer en 1869. Mill sitúa no centro do debate feminista a consecución do dereito de voto para a muller: a solución da cuestión feminina pasaba pola eliminación de toda traba lexislativa discriminatoria. Unha vez suprimidas estas restricións, as mulleres superarían o seu "sometemento" e alcanzarían a súa emancipación. O libro de Mill tivo un enorme impacto. Aparecido en 1869, foi un elemento clave da expansión e internacionalización do movemento sufraxista. Ese mesmo ano editouse en Estados Unidos, Australia, Nueva Zelanda, Francia, Alemaña, Austria, Suecia e Dinamarca, e ao seguinte apareceu en Italia e Polonia, suscitando o interese e a reflexión de moitas mulleres entre as clases máis cultas. John Stuart Mill presentou ao Parlamento inglés en 1866 unha demanda a favor do voto feminino. O seu ulterior rexeitamento provocou que en 1867 nacera o primeiro grupo claramente sufraxista británico: a National Society for Woman's Suffrage (Asociación Nacional para o Sufraxio da Muller), liderada por Lydia Becker.
|


