Biblioteca > Muller e Feminismo > Sufraxismo > A oposición ao sufraxismo


* A OPOSICIÓN AO SUFRAXISMO


Desde a nosa perspectiva actual e tendo en conta os principios ilustrados e liberais en que se baseaba a reivindicación da igualdad de voto, parece estraña a enorme oposición á que tivo que facer fronte a reivindicación sufraxista.

¿Como se explica a resistencia que durante longas décadas enfrontouse ao dereito de sufraxio feminino? Os argumentos baseados na discriminación por xénero foron os que prevaleceron. Desfacer as tradicionais barreiras entre o público, terreo masculino, e o privado, terreo feminino, autorizando o acceso das mulleres ao espazo público era considerado como un perigo para a orde social establecida e para o reparto de roles por xénero.

Moitos homes, e bastantes  mulleres, estaban convencidos de que cuestionar abertamente o prototipo feminino de “anxo” e “raíña” do fogar, abriría incertidumes respecto ao futuro da institución familiar e da súa capacidade como reprodutora do sistema social. De feito, foi a percepción do sufraxismo como unha ameaza á familia, o que impediu a súa aceptación social.

O caso británico é o mellor exemplo de mobilización anti-sufraxista, non só entre os homes senón tamén entre as mulleres. En novembro de 1908, fundouse en Londres a Liga Nacional de Mulleres Anti-Sufraxio (Women's National Anti-Suffrage League). A súa primeira presidenta foi a popular novelista, Mary Ward. Os líderes da Liga Anti-Sufraxio insistían en que a gran maioría das mulleres británicas non estaban interesadas en conseguir o dereito de voto e advertían contra o perigo de que un pequeno grupo de mulleres organizadas forzaran ao goberno a cambiar o sistema electoral.
Un bo exemplo da mentalidade destas mulleres podémolo ver nas manifestacións de Lady Musgrave, presidente da sección de East Grinstead da Liga Anti-Sufraxio, nun mitin en 1911, recollidas nun periódico: "Non poñades sobre nosoutras esta carga adicional. As mulleres non son iguais aos homes nin en resistencia nin en enerxía nerviosa, incluso, no seu conxunto, tampouco en intelixencia".

Porén, a realidade económica e política da Primeira Guerra Mundial e do seu conseguinte posguerra, obrigou a que a sociedade incorporara ao escenario público a nais e esposas. O seu concurso foi decisivo no esforzo económico durante a guerra. A consecución do dereito de voto foi un recoñecemento colectivo aos méritos acumulados.


Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos