Un ano máis. Hai xa un ano que o noso centro mudou a súa face para denunciar esta lacra social; tentamos que o noso labor educador achegue o seu gran de area para que o noso alumnado convirta a sociedade do futuro nuha sociedade sá, non-violenta.
Un ano. Seguiremos, ata erradicala, esa é a nosa esperanza, denunciando o temor que non invade cada día cando abrimos o xornal, sentamos ante o telexornal, escoitamos a radio, e un novo caso sacode os alicerces da nosa alma.
Dende a
Biblioteca, dende as aulas, a comunidade educativa ergue a súa voz, dirixe os seus esforzos para non termos medo ao erguernos, para sabermos que non imos ler, escoitar, ver, a terríbel noticia de ningunha morte máis.
Co gallo da celebración do Día Internacional contra a Violencia Doméstica o 25 de novembro, o alumnado de 1º ESO participou no PROXECTO PALABRAS +, palabras animadas por Luz Darriba. Este proxecto consistiu nunha intervención estética de grandes dimensións que se instalou o 24 de Novembro na Praza do Obradoiro coa creación dun enorme encrucillado no que as palabras (respecto, compromiso, autoestima, independencia, dignidade ...) estiveron representados por persoas (entre elas, o noso alumnado). Todo a pesares do mal tempo...
L
I
G
A
Z
Ó
N
S |
|
...unha visita
obrigada |
|
...restriccións impostas polos talibáns ás mulleres afganas |
|
...debuxos dos nenos
e nenas afganos |
|
...violencia de xénero e todo tipo de atrocidades varias |
|
...vídeo de amnistía internacional |
|
...sobre mutilación xenital |
Algúns dos materiais desta temática, que tes á túa disposición na Biblioteca son:
|