Biblioteca > Sabes quen veu?
Nesta sección iremos poñendo todos os escritores e persoeiros que nos vaian visitando ao longo do curso. Ademais, podes consultar aqueles que nos visitaron nos cursos anteriores:
| II Mesa de poetas | |
![]() |
|
| Visita de Darío Xohán Cabana | |
![]() |
|
| Visita de María Reimóndez | |
![]() |
O luns 21 de maio visitounos a escritora lucense María Reimóndez, autora do libro "Usha" no que describe a estancia unha nena, membro dunha ONG, nunha vila da India. A charla, dirixida ao alumnado de 1º ESO que leran o libro na 1ª avaliación, resultou moi interesante e espertou grande interese entre os rapaces e rapazas, curiosos de coñecer anécdotas e costumes da vida na India. Un dos momentos máis fermosos foi cando a autora se puxo o Sari, prenda típica do pobo hindú. |
| Visita de Antón Caeiro | |
![]() |
O mércores 2 de maio achegouse ao centro Antón Caeiro, para presentar a exposición "A Illa da Memoria" que estivo no centro desde o 2 ao 8 de Maio. Explicounos dun xeito moi ameno como xurdiu e por que esta exposición, contándonos anécdotas do entrañable que resultou para el coñecer aos protagonistas de moitas das historias dos paneis, así como o labor documental de facer encadrar as pezas, que -ironicamente- neste caso son humanas. Antes de rematar invitou a unha veciña de Silleda, Cachita, a contar en primeira persoa as súas vivencias desta época, posto que ela era filla dun dos presos na Illa. Resultou moi conmovedor. |
| Visita de Domingo Villar | |
![]() |
O luns 26 de marzo achegouse ao centro Domingo Villar, escritor chegado de Madrid, e quen se dirixía por primeira vez a un público adolescente. Autor de "Ollos de auga", novela policiaca protagonizada por Leo Caldas, traducida con gran éxito ao castelán e agora a outros moitos idiomas, falounos dos seus anceios pola escritura, da historia da súa vida profesional e dos seus proxectos para o futuro, entre os que se atopa a continuación das peripecias deste inspector de policía que vai camiño de se converter nun clásico do xénero negro en galego. |
| Visita de Manuel Igrexas | |
![]() |
O xoves 15 de febreiro, o ensinante e investigador lalinense Manuel Igrexas Rodríguez impartiu a conferencia “A represión no Deza”. Esta actividade enmarcouse dentros dos diferentes actos que tiveron lugar no noso centro co gallo da exposición "Os mártires do mar" que tivemos o pracer de acoller entre o 12 e o 23 de febreiro. O evento estivo dirixido ao alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato. |
| Visita de Isidro Novo | |
![]() |
O martes 12 de decembro visitounos Isidro Novo autor da obra Un escuro rumor tralo silencio, novela lida polo alumnado de 1º de Bacharelato. Esta visita debémoslla á Editorial Sotelo Blanco. A reunión resultou ser moi amena e entretida, posto que tanto Isidro como o noso alumnado falaron durante máis de hora e media sobre un mundo posíbel que Isidro imaxina nun futuro non moi afastado, xa que o libro encádrase dentro do xénero da literatura fantástica. |
| Visita de Carlos Callón | |
![]() |
O xoves 2 de novembro visitounos Carlos Callón, Presidente da Mesa de Normalización Lingüistica. Veunos falar da situación do galego na nosa sociedade actual, facendo un repaso a toda historia do galego dende o seu esplendor medieval ata o estado inestábel no está hoxe. Esta actividade foi orgnizada polo Equipo de Normalización Lingüistica no noso centro para o alumnado de 4º ESO A e B e 1º Bacharelato. |









