Biblioteca > Sabes quen veu? > Visitas no curso 2005 - 2006
| Visita de Ángel de la Cruz | |
![]() |
O luns 19 de decembro do 2005 visitounos o escritor e guionista Ángel de la Cruz, autor do libro "O descenso do derradeiro ocaso", libro que leu o alumnado de 4º da ESO. A visita deste autor realizouse grazas á editorial Sotelo Blanco. Foi unha visita moi interesante posto que este escritor non só escribe, senón que o seu principal oficio é o cine, do que falamos moito no tempo da súa intervención. Ángel de la Cruz foi guionista de "El Bosque Animado" e "O soño dunha noite de San Xoan" |
| Visita de Conchi Regueiro | |
![]() |
O xoves 26 de xaneiro do 2006 visitounos a escritora Conchi Regueiro, autora do libro "Un marciano neste mundo ", libro que leu o alumnado de 3 º da ESO. No taboleiro da biblioteca estivo toda a información sobre os seus libros e os seus escritos, así como unha autobiografía. |
| Visita de Lorenzo Silva | |
![]() |
|
![]() |
|
| Visita de Xabier Campos Villar | |
![]() |
Con motivo das Letras Galegas, o xoves 25 de maio do 2006 veu ao noso centro Xabier Campos Villar dar unha conferencia sobre o autor homenaxeado este ano, Manuel Lugrís Freire. |
| Pléiade de escritoras | |
![]() |
Como guinda espectacular a este inxente traballo, o 19 de xuño do 2006 a nosa biblioteca acolleu a 1ª mesa redonda que versou neste caso sobre "Literatura Galega de Muller" (Carme Hermida, Dolores Ruíz, Inma López Silva, Elvira Riveiro e Estíbaliz Espinosa), con posterior recitado de poemas-denuncia contra a violencia doméstica (Yolanda Castaño, Chus Pato, Antía Otero e Uxía Pedreira) |






