PRIMEIRA: Poderán participar todos aqueles alumnos matriculados no curso 2006/07 no IES Pintor Colmeiro. O resto do persoal do centro pode presentar traballos fóra de concurso.
SEGUNDA: Establécese unha única categoría: ESO, BACHARELATO E CICLOS
TERCEIRA: Haberá tres premios:
1º premio: valorado aproximadamente en 50 €
2º premio: valorado aproximadamente en 35 €
3º premio valorado aproximadamente en 20 €
CUARTA: Os participantes deberán presentar un máximo de tres fotografías na que aparezan reflectidos, dalgún xeito, contidos matemáticos. Cada fotografía levará un título no que se faga referencia ó contido matemático que representa, o nome do concursante e mailo grupo ao que pertenza. As fotografías serán orixinais, realizadas con cámaras analóxicas ou dixitais pero, en todo caso sen manipular e, preferentemente deberanse presentar en papel de foto. ACORDÁDEVOS QUE VALORAMOS SOBRE TODO A ORIXINALIDADE!.
QUINTA: O prazo de presentación das fotos comeza o 2 de MAIO e remata o 25 de MAIO. Deberán entregarse ao profesor/a de Matemáticas correspondente ou, no seu defecto, a calquera membro do departamento. En caso de que se presente en papel deberá facerse nun sobre no que figure por fóra: CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA.
SEXTA: O xurado valorará as fotos presentadas tanto dende o punto de vista estético como matemático. Dito xurado estará composto polo profesorado do Departamento de Matemáticas e a súa decisión será inapelable. O veredicto do xurado terá lugar a principios do mes de Xuño.
SÉTIMA: Coas fotografías presentadas realizarase unha exposición no centro e outra exposición virtual dentro da páxina web do Departamento.
OITAVA: O Departamento de Matemáticas estará facultado para resolver as controversias ou circunstancias especiais que puidesen xurdir, así como para interpretar as presentes bases. A súa decisión terá carácter definitivo. A participación no concurso implica a total aceptación das súas bases.