| A Web do Colmeiro |
|
|
|
|
|
| |
|
|
Zona de
Descarga |
|
Matemática e Literatura |
|
Fotografía
Matemática |
 |
Rallye
e Olimpiadade Matemáticas |
 |
|
|
|
|
|
Departamentos > Matemáticas > Xogos Matemáticos
Desde o Departamento de matemáticas, queremos fomentar o mundo das matemáticas vistas desde un punto de vista lúdico. Máis alá das típicas ecuacións que todos temos que resolver, as matemáticas representan o instrumento máis potente que dispoñemos para resolver problemas da vida diaria. Por iso, desde aquí queremos ofrecerche unha serie de problemas, xogos e acertixos para que te entreteñas usando as matemáticas.
Cifras e letras |
Dámosche a posibilidade de que xogues cos números con esta versión interactiva baseada na mecánica do famoso concurso "Cifras e letras". Xa sabes, a partir de 6 cifras dadas tes que conseguir un número exacto antes de que remate o tempo. Sorte!!!
|

Preme aquí
para descargar |
Arukone |
Xogo que provén do Xapón no que
o obxectivo é unir os díxitos iguais cunha liña sin que se solapen os camiños.
|

Preme aquí
para xogar |
Torres da Hanoi |
As Torres de Hanoi é un xogo matemático que consiste en 3 pauciños verticais e un número de discos que determinan a complexidade da solución. Non hai dous discos iguais, están colocados de maior a menor no primeiro pauciño ascendentemente, e non se poden colocar ningún disco maior sobre un menor a el en ningún momento. O xogo consiste en pasar todos os discos ao terceiro pauciño colocados de maior a menor ascendentemente.
|

Preme aquí
para xogar |
Sudoku |
¿Aínda non coñeces o SUDOKU? Este xogo, posto de moda en Xapón, é, sen dúbida, un auténtico boom mundial.
O obxectivo do xogo é cubrir unha cuadrícula de 9×9 celas dividida en subcuadrículas3×3 (tamén chamadas "caixas" ou "rexións") coas cifras do 1 ao 9 partindo dalgúns números xa dispostos nalgunhas das celas. Proba sorte!! |

Preme aquí
para xogar |
Encrucillado Matemático |
Se che gusta facer os encrucillados dos xornais, aquí che propoñemos esta opción para que pases un pouco o tempo. A gran particularidade que ten á que moitos das súas definicións son termos e vocablos relacionados coas matemáticas, ou que agardabas??
|

Preme aquí para descargar |
Tangram |
O Tangram é un famoso xogo de mesa chinés que consiste basicamente nun quebracabezas xeométrico no que, empregando sete pezas que resultan da descomposición dun cuadrado, se poden crear infinidade de figuras que lembran obxectos e seres da vida cotidiana. Xeralmente son pezas de cartón ou madeira pero aquí permitímosche usar a versión electrónica do xogo que foi adaptada ao galego por Manuel Díaz Regueiro de AGAPEMA. |

Preme aquí
para descargar |
|