ies Pintor Colmeiro

Destacamos:


Departamentos>Tecnoloxía> Motor Eléctrico:

Instruccións para a realización do proxecto MOTOR ELÉCTRICO.

  • Antes de nada creade nun dos vosos ordenadores un directorio cun número de grupo que vos asignarei na aula dentro da carpeta do voso curso en D:.
  • Neste directorio gardaredes todos os documentos que debedes xerar durante o proxecto.

1. Plantexamento.

Condicións iniciais:

  • Debe funcionar cun máximo de 9V.
  • Debe xirar de xeito equilibrado e a bastante velocidade.
  • Deben reciclarse a maior cantidade de material posíbel.

Fraccionar o problema en cuestións máis sinxelas:

  • Pódese dividir o proxecto do motor nas seguintes pezas:
    • Bobina (tubo, cable e eixo).
    • Soporte de imán e do eixo.
    • Base e soporte para as vasoiriñas.
    • Vasoiriñas con conectores.

2. Búsqueda de información.

Podes buscar información sobre os motores eléctricos en:

  • No teu libro de texto e no doutras editoriais na biblioteca da aula-taller.
  • En internet (por exemplo Wikipedia)
  • Nos libros da biblioteca do centro.
  • No CD-ROM que trae o teu libro de texto.
  • Analizando os motores construídos outros anos.

Escribride un resume das partes que consideres máis útiles tanto para construir, como para entender o funcionamento do motor eléctrico .

3. Deseño.

  • O deseño deste motor que che propoño está bastante definido no teu libro de texto (páxina 118 do libro de Ed. Anaya). Podes pensar en melloras que viras noutros motores ou túas propias para mellorar o deseño.
  • Para facer un bo deseño é fundamental entender para que serve cada peza. A función de cada peza do motor pode ser unha boa pregunta de exame!.
  • Fai uns modelos dos soportes en cartulina ou papel para despois trazalos facilmente sobre a chapa.
  • Facede un bosquexo indicando os nomes das pezas.
  • Explica o funcionamento e o por qué do deseño das seguintes pezas:
    • Bobina
    • Colector de delgas
    • Vasoiriñas
    • Imán
  • Acompaña estas explicacións con imaxes destas pezas en motores comerciais explicando o porque do seu deseño.
  • Explica claramente o funcionamento do motor.

4. Planeamento.

Planeamento do traballo (pistas en método de proxectos). Debedes realizar unha táboa de planeamento en Word (unha táboa parecida á seguinte, unha fila para cada peza):

Peza Res. Croquis Ferramentas Materiais Tempo adicado
Polea1 Brais

Serrón
Serra de calar e sarxentos
Instrumentos medida e trazado
Compás
Lima e papel lixa

Contrachapado
Cartón
Cola termofusible
35 minutos
etcétera .... ..... ..... .... ....

5. Construción.

Nesta fase é fundamental coñecer algunhas técnicas de traballo:

  • Búscade no voso libro unhas instrucións para traballar manualmente os metais (para facer as pezas de chapa).
  • Soldadura branda (explicareina eu na aula para todos) para unir as pilas en serie.

Lembrade que a seguridade é responsabilidade de todos.

6. Memoria.

As memorias son individuais e debedes ir facéndoa na casa, os que non teñen ordenador na casa teñen preferencia para traballar no ordenador da aula, e deben conter os seguintes puntos:

  1. Portada
  2. Índice coas páxinas
  3. Descripción do motor e das súas pezas (con imaxes de pezas de motores comerciais). Explica moito!
  4. Planos e debuxos (de todas as pezas)
  5. Lista de materiais (a mesma para todos os membros do grupo).
  6. Folla de planificación (esta folla será a mesma para todos os membros do grupo).
  7. Resultado da avaliación

Debe ter as seguintes características:

  • A portada debe ir nunha folla (despois de facela e para que salte de páxina podes Insertar > Salto > Salto de páxina) e debe conter: o nome do autor subliñado, un título do proxecto, o curso e os nomes dos outros membros do grupo)
  • O texto debe estar en formato Arial, xustificado, 11 ptos. Agás os títulos dos apartados que estarán en Arial, aliñado á esquerda e tamaño 16.
  • Debe ir limpo e sen faltas de ortografía.
  • Os debuxos debes facelos no programa SmartSketch. Lembra a escala.

7. Avaliación.

Respondede as preguntas e pono na sección avaliación da memoria:

  • Cumpre o motor as condicións iniciais?.
  • De 0 a 10 cal foi o grao de cumprimento do planeamento no desenvolvemento do proxecto?.
  • Foi de axuda o método para construir eficazmente o motor?. Explicade o por que.
  • Hai algunha peza que se podería mellorar?, como?.
  • Como poderiades facer que fose máis rápido?.
  • Por que hai que darlle un pequeno impulso para que empece andar?.
Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos |7 de maio do 2008| IES Pintor Colmeiro