Sección Europeas.
Unha experiencia moi interesante, na que os alumnos reciben clases de Bioloxía en inglés, para un maior perfeccionamento nesta lingua. O IES Pintor Colmeiro é un dos centros que primeiro se incorporou a este proxecto. Este ano hai dous grupos desta sección: un en 3º e outro en 4º da ESO.
COMENIUS 1.1: Agricultural Technology Tradition.
No curso 2003/04 desenvolveuse no centro este proxecto no que formamos parte dun grupo de traballo internacional co que imos desenvolver, por segundo ano consecutivo, un proxecto educativo aprobado pola Axencia Nacional Sócrates. Neste traballo os alumnos do centro, en colaboración con alumnos doutros paises europeos, recollen información sobre o agro e crean contidos didácticos multimedia en galego e en inglés ao mínimo. Visita a páxina do proxecto.
INTERREG III. Promoción local ao través do coñecemento do patrimonio.
Dentro do marco QPET "Cualificación Profesional no Espazo Transfronteirizo", organizado pola Dirección Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia e a a Dirección Xeral de Educación do Norte de Portugal, desenvolvemos un programa de actividades con intercambio de alumnado entre o Ciclo Medio de Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural e da EB 2, 3, 5 de Paredes de Coura.


