ies Pintor Colmeiro

Destacamos:


> Grupo de mellora continua

Estamos en rede
No inicio do curso 2002-03 incorporábase o IES Pintor Colmeiro á Rede Galega de Centros para a Calidade (RGCC), constituída por centros galegos de ensino público interesados en compartir experiencias e iniciativas que axudasen a mellorar a calidade do servicio que prestan. Este proxecto xa botara a andar no ano 2000 co nacemento da primeira das redes, a denominada G1, e desde entón fóronse sumando cada curso unha ou dúas máis: no 2001 nacía a G2, no 2002 facíao a G3, a G4 e G4- CFR comezaban no 2003, e en outubro de 2004 empezaron a traballar a G5- A e a G5-B. O IES Pintor Colmeiro forma parte da rede G3, xunto con outros nove centros: CRA Nosa Señora do Faro (Ponteceso - A Coruña), CEP Dr. Fleming (Vigo), IES nº 1 de Oleiros (A Coruña), IES David Buján (Cambre - A Coruña), IES Perdouro (Burela - Lugo), IES San Mamede (Maceda - Ourense), IES de A Cañiza (Pontevedra), IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín), e IES Julio Prieto Nespereira (Ourense).

Algunhas cousas que imos facendo
O labor realizado polos grupos de mellora nestes últimos anos foise materializando pouco a pouco nun volume importante de traballo que está en circulación. Poñemos algúns exemplos:
-A guía do alumnado.
-A organización das diferentes sesións de acollida, incluída a pre-acollida para os alumnos de primaria dos centros adscritos, o CEIP de Silleda e o CEIP da Bandeira.
-A extensión do uso de ferramentas (enquisas, cuestionarios) que permitan coñecer a opinión dos diferentes sectores da comunidade educativa.
-A progresiva incorporación da informática a novas áreas da actividade do centro, no contexto dunha política e mellora do uso das novas tecnoloxías.
-O deseño dun caderno para uso do profesorado que favoreza o seguimento sistemático da actividade docente.
-Un traballo sistemático de mellora do caderno do titor/a.
-A elaboración e publicación dunha páxina web do centro.
-A publicación do boletín informativo A Voz do Colmeiro, un instrumento co que se pretende dar a coñecer aos distintos sectores da comunidade educativa a información que se xera no noso centro.

 

 

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos |21 de abril do 2005 | IES Pintor Colmeiro