Departamentos>Tecnoloxía> Motor Eléctrico:
Instruccións para a realización do proxecto TIMBRE ELÉCTRICO.
- Antes de nada creade nun dos vosos ordenadores un directorio cun número de grupo que vos asignarei na aula dentro da carpeta do voso curso en D:.
- Neste directorio gardaredes todos os documentos que debedes xerar durante o proxecto.
1. Plantexamento.
Condicións iniciais:
- Debe conter un electroimán.
- Debe soar ao premer un pulsador.
- Deben reciclarse a maior cantidade de material posíbel.
Fraccionar o problema en cuestións máis sinxelas:
2. Búsqueda de información.
Podes buscar información sobre os timbres eléctricos en:
- No teu libro de texto e no doutras editoriais na biblioteca da aula-taller.
- En internet (por exemplo Wikipedia)
- Nos libros da biblioteca do centro.
- No CD-ROM que trae o teu libro de texto.
- Analizando os motores construídos outros anos.
Escribride un resume das partes que consideres máis útiles tanto para construir, como para entender o funcionamento do motor eléctrico .
3. Deseño.
- O deseño deste motor que che propoño está bastante definido no teu libro de texto
- Para facer un bo deseño é fundamental entender para que serve cada peza. A función de cada peza do motor pode ser unha boa pregunta de exame!.
- Fai uns modelos dos soportes en cartulina ou papel para despois trazalos facilmente sobre a chapa.
- Facede un bosquexo indicando os nomes das pezas.
- Explica o funcionamento e o por qué do deseño das pezas.
- Acompaña estas explicacións con imaxes de timbres comerciais explicando o porque do seu deseño.
- Explica claramente o funcionamento do motor.
4. Planeamento.
Planeamento do traballo (pistas en método de proxectos). Debedes realizar unha táboa de planeamento en Word (unha táboa parecida á seguinte, unha fila para cada peza):
| Peza | Res. | Croquis | Ferramentas | Materiais | Tempo adicado |
| Polea1 | Brais | ![]() |
Serrón |
Contrachapado Cartón Cola termofusible |
35 minutos |
| etcétera | .... | ..... | ..... | .... | .... |
5. Construción.
Nesta fase é fundamental coñecer algunhas técnicas de traballo:
- Búscade no voso libro unhas instrucións para traballar manualmente os metais (para facer as pezas de chapa).
- Soldadura branda (explicareina eu na aula para todos) para unir as pilas en serie.
Lembrade que a seguridade é responsabilidade de todos.
6. Memoria.
As memorias son individuais e debedes ir facéndoa na casa, os que non teñen ordenador na casa teñen preferencia para traballar no ordenador da aula, e deben conter os seguintes puntos:
- Portada
- Índice coas páxinas
- Descripción do motor e das súas pezas (con imaxes de pezas de motores comerciais). Explica moito!
- Planos e debuxos (de todas as pezas)
- Lista de materiais (a mesma para todos os membros do grupo).
- Folla de planificación (esta folla será a mesma para todos os membros do grupo).
- Resultado da avaliación
Debe ter as seguintes características:
- A portada debe ir nunha folla (despois de facela e para que salte de páxina podes Insertar > Salto > Salto de páxina) e debe conter: o nome do autor subliñado, un título do proxecto, o curso e os nomes dos outros membros do grupo)
- O texto debe estar en formato Arial, xustificado, 11 ptos. Agás os títulos dos apartados que estarán en Arial, aliñado á esquerda e tamaño 16.
- Debe ir limpo e sen faltas de ortografía.
- Os debuxos debes facelos no programa SmartSketch. Lembra a escala.
7. Avaliación.
Respondede as preguntas e pono na sección avaliación da memoria:
- Cumpre o motor as condicións iniciais?.
- De 0 a 10 cal foi o grao de cumprimento do planeamento no desenvolvemento do proxecto?.
- Foi de axuda o método para construir eficazmente o timbre?. Explicade o por qué.
- Hai algunha peza que se podería mellorar?, como?.
- Como poderiades facer que soase máis forte?.



