Lingua Española
Lingua Galega
Inglés
Francés
Latín
Grego
Xeografía e Historia
Filosofía
Música
Relixión
Educación Física
Economía
Tecnoloxía
Debuxo
Bioloxía e Geoloxía
Matemáticas
Física e Química
Fogar e Artesanía

Bioloxía y Xeoloxía  

Actividades complementarias 2005/2006

A eclipse anular de Sol   Visita á Domus e ó Acuario 



A ECLIPSE ANULAR DE SOL



Alumnos e Profesores do Centro puideron observar o luns día 3 de Octobro durante o recreo, de 10,40 a 11,00 horas, a eclipse anular de Sol.
Provistos moitos deles das correspondentes gafas especiais, que compartiron cos seus compañeiros, gozaron do fenómeno, viron como ás 10,51 horas a Lúa eclipsou totalmente o Sol e percibiron o anel, resultado do escurecemento do 91 % do círculo solar.

O Departamento informó ao alumnado das características da eclipse.

A eclipse.doc [72 KB]  



Imaxes da eclipse dende observatorio

Faga clic aquí para obter acceso á Galería.



VISITA Á DOMUS E Ó ACUARIO

O luns 10 de Outubro os alumnos de 1º Bacharelato A y B realizaron unha visita escolar á DOMUS e ó ACUARIO de A Coruña acompañados polas profesoras Ana Pérez Losada e Esther Muruais.

As 11,30 asistimos, na Domus, a unha sesión de magnavisión, na que se proxectou un documental sobre as reaccións que ocorren no corpo humano en situacións de risco, como funcionan os neurotransmisores e outras sustancias en actividades como o paracadismo e a caída libre, e as relacións entre estas actividades e os estudos e anotacións deixados por Leonardo da Vinci.

A continuación visitamos as salas de exposicións da Domus, nas que, aparte da exposición permanente, destacaba a dos Primates e a súa evolución.

Trala comida, as 15,30 horas, partimos cara o Acuario. Un monitor explicounos as diferentes actividades que alí se realizan e moitas cousas interesantes sobre as focas e as disintas especies de peixes que alí existen.

Casa das Ciencias
(Museos Científicos: Planetarium, Domus, Aquarium)


DOMUS

Domus, a Casa do Home é un museo interactivo que trata de forma global e monográfica o ser humano. Está pensado para dvertir nenos e maiores estimulndo a súa curiosidade e sixerindo respostas á necesdade que temos de coñecernos mellor como individuos e seres sociais.





AQUARIUM FINISTERRAE

O Aquarium Finisterrae descóbrenos os misteriorsos recantos da costa galega. Quenllas touro, serviolas, normes chermas, peixes lús, polbos ou focas son algunhas das especies mariñas que puidemos contemplar. No seu interior hai peixeiras, acuarios, piscinas, módulos interactivos e ata un submarino; todo isto repartido entre o Maremagno, a Terraza, o Nautilus, o Paraíso Mariño, o Piscinarium, o Octopus Garden e o Xardín Botánico.





Faga clic aquí para obter acceso á Galería.



Benvidos / O Centro/ Oferta Educativa / Organización / Secretaría/ Departamentos/ Alumnado / Actividades / Novas/ Enlaces / Acerca da Web / Buscar