|
|
 |
 |
 |
 |
|
Olimpiada de Química | Física e Química
|
Actividades complementarias
|
|
|
CONFERENCIA-COLOQUIO DE FÍSICA
Co gallo da celebración do Ano Mundial da Física (2005), e dentro da Semana da Ciencia, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECET) promove unha serie de actividades que divulguen os traballos que Albert Einstein deu a coñecer en 1905, e que supuxeron un cambio “impresionante” no desenvolvemento dos estudos científicos.
Con este obxectivo, o alumnado de 2º. A e 1º. B de bacharelato participou na conferencia-coloquio, “Un paseo por la Relatividad Especial”, que ofreceu o profesor D. Eduardo Pardo Pérez (Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo).
O ponente iniciou a súa intervención afirmando que 1905 foi un “ano marabilloso” para Einstein, xa que o seu traballo na Oficina de Patentes de Berna deixoulle tempo abondo para profundar, e froito deste período foi a súa tese de doutoramento e a publicación de catro traballos transcendentais para o desenvolvemento científico posterior.
O primeiro deles foi un estudo sobre o Movemento Browniano, idea central na teoría cinético-molecular da materia e que durante oitenta anos se mantivera inexplicable. O segundo traballo supuxo a interpretación do Efecto Fotoeléctrico, recuperando as ideas corpusculares sobre a naturaleza da luz. Einstein recibiu o premio Nóbel de Física en 1921, fundamentalmente por estas investigacións. A este seguiulle un traballo sobre a Relatividade Especial. Ao estudarmos o movemento dun corpo fixamos un sistema de referencia: o corpo móvese se a súa posición varía respecto dun punto fixo. Pero tal punto non existe, polo que dependendo da referencia elixida así resultan as ecuacións que o describen. Cando o sistema se despraza cun movemento uniforme (sistema inercial), as ecuacións obtidas son aplicables aos demais sistemas destas características, conclusións ás que chegaran xa Galileo e Newton. Para estes sistemas, lonxitudes e tempos teñen valores absolutos e iguais para todos eles, e a velocidade á que se desprazan os corpos sempre é inferior a 0,1 c (c= velocidade da luz no vacío). Se os corpos se desprazan a velocidades superiores e próximas a “c”, xa non é aplicable a mecánica newtoniana; lonxitudes, tempos e masas deixan de ser invariantes e imponse a mecánica relativista. A última publicación do citado ano versa sobre a Relación masa-enerxía (E=m·c2), experimentalmente contrastada cando se lanzou a primeira bomba atómica na Segunda Guerra Mundial, e sen embargo, unha utilización pacífica da enerxía nuclear abre a esperanza de podermos solucionar o problema enerxético da civilización en anos futuros.
A continuación o conferenciante expuxo unha visión dos temas, moitos deles considerados por Einstein, que ocupan aos físicos na actualidade e determinantes no avance doutras ciencias.
Durante case dúas horas, D. Eduardo Pardo, empregando unha linguaxe sinxela, mantivo a atención do alumnado, logrando que participaran en pequenas experiencias e na solución das preguntas que xurdían na proxección de videos curtos. En definitiva, unha sesión na que se puido comprobar que existe futuro para os que sintan a súa vocación na Física.
|
|
|
ANO INTERNACIONAL DA FÍSICA
|
Co motivo do Ano Internacional da Física e do centenario da Teoría da relatividade de Einstein celébrase no Centro a Semana da Ciencia, do 10 ao 28 de novembro, baixo o lema “A pegada de Einstein”
A semana comenza cunha animada conversa didáctica a cargo do profesor D. Eduardo Pardo Pérez do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo aos alumnos de 2º de Bacharelato –A e de 1º de Bacharelato –B. O día 19 inaugúrase a exposición “Ano Internacional da Física”- “A pegada de Einstein”, na que por unha banda se da a coñecer a obra de todolos Premios Nobel de Física e pola outra a obra de Einstein. Esta exposición conta coa valiosísima colaboración do profesor do IES Alexandre Bóveda D. José María Cordobés. Durante toda a semana, do 21 ó 26, Eisntein será o protagonista, dun xeito especial, da Física e Química no 2º Ciclo da ESO e no 1º de Bacharelato e o xoves 24 celébrase “O día de Einstein” nos 2º de Bacharelato de Ciencias. Neste día, Einstein é o protagonista nas materias de Lingua, Historia, Inglés, Biloxía, Métodos Estatísticos, Física e Química.
Os obxectivos desta “Semana da Ciencia” son dar a coñecer a vida e a obra deste gran científico chamado Einstein e despertar o interese do alumnado pola ciencia.
O día de Einstein.pdf [90 KB]
|
|
|
|
|
|
|
|
Benvidos / O Centro/ Oferta Educativa / Organización / Secretaría/ Departamentos/ Alumnado / Actividades / Novas/ Enlaces / Acerca da Web / Buscar
|
SEMANA DA CIENCIA
|
Do 7 ao 20 de novembro celébrase a Semana da Ciencia organizada para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade e concienciala da súa importancia no progreso económico e no benestar social. Nesta cuarta edición e con motivo do Ano Internacional da Física declarado pola UNESCO, en homenaxe á publicación en 1905 de catro artígos de Albert Einstein, a temática que centra a Semana da Ciencia é a Física. Durante estes días celebraranse en toda Galicia 46 mesas redondas e conferencias, 18 xornadas de portas abertas e visitas guiadas, 4 cursos, 8 itinerarios didácticos e excursións, 11 exposicións e 10 ciclos de cine. Ademáis haberá outras actividades centradas noutras áreas da ciencia, como agricultura e gandería, bioloxía molecular, celular e xenética, bioloxía animal e vexetal, ciencia e tecnoloxía dos materiais, ciencias da terra, etc.
Para máis información: www.dxid.org/semanadaciencia http://semanadelaciencia2005.fecyt.es
|
|
|
|