Lingua Española
Lingua Galega
Inglés
Francés
Latín
Grego
Xeografía e Historia
Filosofía
Música
Relixión
Educación Física
Economía
Tecnoloxía
Debuxo
Bioloxía e Geoloxía
Matemáticas
Física e Química
Fogar e Artesanía

Actividades complementarias  

Olimpiada de Química

OS GAÑADORES DA OLÍMPIADA RECOLLEN OS FROITOS

OS GAÑADORES DA OLIMPÍADA QUÍMICA RECOLLEN OS SEUS FROITOS

Antonio Freire González, ex-alumno deste Centro e gañador da Olimpíada Nacional de Química celebrada en Luarca (Asturias) na súa XVIII edición, xunto con Alberto Osuna e Rubén Fernández, clasificados en 2º e 3º lugares, asistiron en Barcelona, a mediados de novembro, á Expoquimia, feira da industria química, onde tres empresas punteiras na industria química – Repsol YPF, Bayer e Mc. Bride España - comprometéronse a ofrecer a estes tres estudantes a súa primeira oportunidade laboral.

Gracias á aportación destas tres empresas, estes mozos poderán empezar a demostrar todo o seu saber e seguir ampliando a súa formación no campo da química.

Antonio e os seus dous compañeiros asistiron á XXXVII Olimpíada Química Internacional que se celebróu en Taiwán e á X Olimpíada Química Iberoamericana que se celebróu en Lima onde Alberto e Rubén lograron medallas de prata e Antonio de bronce.


OLIMPIADA DE QUÍMICA 2005

ANTONIO FREIRE GONZÁLEZ, alumno de 2º de Bacharelato-A deste Centro clasificouse no primeiro lugar e conseguiu medalla de ouro na celebración da XVIII Olimpíada Nacional de Química, organizada pola Asociación Nacional de Químicos de España e o Colexio Oficial de Químicos que se celebrou o pasado mes de abril en Luarca (Asturias) dentro dos actos conmemorativos do centenario do premio Nobel de Medicina Severo Ochoa. Á Olimpíada acudiron 135 alumnos procedentes de toda España.

Antonio, xunto co 2º, 3º e 4º clasificados, representará a España na XXXVII Olimpíada Internacional que se celebrará en Taiwán e na X Olimpíada Iberoamericana que se celebrará en Lima.

Na fotografía cos profesores do Departamento e cos compañeiros de Química.