|
|
 |
 |
 |
 |
|
Xeografía e Historia
|
Actividades complementarias 2005/2006
|
|
|
|
EXPOSICIÓN "PARA O DEUS BEROBREO"
|
O día 20 de Outubro, os alumnos de 1º ESO-A, acompañados polo profesor de Ciencias Sociais, JOSÉ ELADIO SECO, realizaron unha visita didáctica ó Pazo Museo “Quiñones de León” de Vigo, á Exposición: “PARA O DEUS BEROBREO. Aras do santuario de Donón, Cangas de Morrazo” Atopadas no monte Facho a partir de 1962. Pertenecen a finais da Idade do ferro e a cultura castrexa.
Guía didáctica [214 KB]
Aras de Donón [113 KB]
|
|
|
|
|
|
|
|
Serafín Costas
|
Álvarez y Díaz
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
|
|
|
Álvarez y Díaz
|
Enrique Massó
|
|
|
|
Exposición das aras
|
Traslado das aras
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
|
VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
|
Organizada polo Departamento de Xeografía e Historia o martes 21 de Febreiro para o alumnado de 2º de Bacharelato C y D –modalidades de Ciencias Sociais e Humanidades – e acompañados porlos profesores D. Carlos Sastre Vázquez e D. José Eladio Seco Fernández.
A visita, que comezou as 10 da mañá, incluía algúns dos obxectivos incluidos no currículo dos alumnos, nas áreas de xeografía urbana, da historia da arte, e do patrimonio da cidade.
Visita as cubertas da Catedral
Divididos en dous grupos, e acompañados por un guía do Museo da Catedral, accedimos polo pazo arzebispal de Xelmirez (exemplo de arquitectura civil gótica) para ascender pola torre da carraca ós tellados da catedral; a 30 metros de altura, por unhas escaleiras de acceso de 84 peldaños. As cubertas da basílica medieval son de granito escalonadas. Observamos o templo románico de Peregrinación revestido a través dos séculos, de elementos góticos, renancentistas e barrocos.
Interior da Catedral
Os alumnos de Historia da Arte realizaron unha ficha didáctica sobre os elementos arquitectónicos e escultóricos, previamente elaborada polo seu profesor de Arte.
Visita e percorrido polo casco vello da cidade
Os alumnos de Ciencias Sociais, visualizaron acompañados dos seus profesores e un guía do concello os elementos urbanísticos previamente estudiados na clase. O percorrido iniciado na Porta Faxeira, continuó pola Przaza do Toural, Rúa do Vilar, Rúa Nova, Praza de Mazarelos, Praza da Universidade, Rúa do Castro, Cinco Rúas, Padre Feixóo, Rúa da Conga, Praza de Praterías, A Quintana, Azebecharía e Praza do Obradoiro. Iban acompañados de planos e información monumental complementaria e xeográfica que deberán reflexar nun informe individual para entregar ao profesor, que incluía distintos aspectos do visto no día.
Visita a Colexiata de Santa María do Sar
Os alumnos de Arte realizaron unha visita co seu profesor a colexiata románica e ao seu claustro para contrastar o estudiado na clase e elaborar un pequeño informe persoal.
Visita a Igrexa e Mosteiro de San Domingos de Bonaval
Os alumnos de Ciencias Sociais visitaron acompañados dos seus profesores o Museo do Pobo Galego instalado no antigo convento de San Domingos e inaugurado en outubro de 1977. Adscrito no campo da antropoloxía cultural e incardinado a outras disciplinas como historia, arte, medio natural, ciencia ...
Visitamos algunhas das salas permanentes de oficios, música, indumentaria, hábitat, e artes plásticas; e exposicións temporais como a de “O país dos mil castros”: medio centenar de fotografías realizadas polo alemán Peter Schneider (Frankfurt, 1963), trasladado a vivir en Malpica no ano 1998.
Despois do museo, a cuias salas accedimos pola escaleira helicoidal de Domingo de Andrade, visitamos a igrexa de San Domingos dos siglos XIII-XIV, un dos poucos exemplos góticos da cidade, de planta de cruz latina, con tres naves, criceiro e ábside poligonal. Nela visitamos o Panteón de Galegos Ilustres na capela lateral esquerda onde descansan os restos de Rosalía de castro (1837-1885), o político Alfredo Brañas (1859-1900), o escultor Francisco Asorey (1889-1961), el poeta Ramón Cabanillas (1876-1959), o xeógrafo Domingo Fontán (1788-1866) e o pai do nacionalismo galego Alfonso R. Castelao (1886-1950).
As 18,30 horas saímos en autobús cara a Vigo onde chegamos as 20,00 horas o Instituto.
|
|
|
|
VISITA AO PORTO PESQUEIRO DE VIGO
|
O pasado 21 de marzo, e dacordo coa programación de Ciencias Sociais, o alumnado de 3º ESO-C, acompañado pola súa profesora Toñi Tato, fixo unha visita ao Porto Pesqueiro de Vigo, dentro do programa "Vigo por dentro" do Concello de Vigo.
O porto pesqueiro sitúase no barrio do Berbés, do que obtén o mesmo nome. No século XI fixéronse as primeiras descargas e vendas de peixe. Nesa época os homes traballaban como mariñeiros e as mulleres como mariscadoras. O mar chegaba ata os peiraos do Berbés, que serían as primeiras lonxas de peixe.
No século XVIII os cataláns trouxeron a salazón. O peixe máis empregado foi a sardiña, por iso viñeron os cataláns a Galicia. Empregaron tamén as conserveiras. A primeira en introducir as latas foi a empresa Curbera.
A primeira lonxa construíuse en 1905. Era pequena e de madeira. Ata 1945 non se empezou a distinguir entre pesca de altura e de baixura. Na actualidade, Vigo é un dos poucos portos que ten nome propio e é o primeiro porto pesqueiro do mundo, no que se moven 80.000 Tm ao ano. Envía peixe a toda España e Europa. Non só se subasta peixe descargado en Vigo, senon tamén doutros portos como Marín, A Guarda etc., previo permiso da Autoridade Portuaria (organismo oficial dependente do Ministerio de Fomento)
A orde de visita que seguimos foi a seguinte: 1º Viveiros (bois, centolos ..) 2º Lonxa de baixura 3º Lonxa de altura e grandes especies.
Nestas instalacións trabállase duramente toda a noite, descargando as mercadorías procedentes de alta mar. Na lonxa empézase ás cinco da mañá. É o lugar onde se leva e prepara o peixe, na que se expón as mercadorías (6.000 metros cuadrados de exposición), inclúe tamén as oficinas e a Autoridade Portuaria e máis os veterinarios para revisar e inspeccionar que o peixe se corresponda co seu grao de frescura e as caixas coas súas respectivas etiquetas. Fabrícanse tamén: caixas de madeira, que só empregan dúas veces, por iso prefírese o polispán para construir as caixas; xeo laminado, en forma de neve ou de cubiños, e fariña co peixe sobrante.
A actividadee pesqueira é moi diversa e permite varias clasificacións:
En función do grao de desenvolvemento tecnolóxico das embarcacións distínguese entre: - Pesca artesanal: que emprega técnicas elementais e barcos de pequeno tamaño. - Pesca industrial: que emprega técnicas modernas e grandes barcos.
Segundo o lugar onde se practique e a súa duración, distinguimos entre: - Pesca de baixura: realizada preto do litoral. Non dura máis dun día. - Pesca de altura: efectúase lonxe da costa, e pode durar varios días ou semanas. Pesca de grande altura: realizada en campañas de varios meses de duración e emprega buques factoría e frigoríficos.
As mercadorías transpórtanse dun lado a outro do porto pesqueiro en vehículos de transporte de caixas, que funcionan con electricidade ou gas. Para descargar un barco atracado traballan unhas vinte persoas. Despois, as mercadorías obtidas son clasificadas segundo o tipo e o tamaño e son subastadas en puxas á baixa, no que parten dun prezo e vai baixando. Hai moitos compradores e tardan dúas horas en vender todo o peixe. As principais especies capturadas son: bois, centolos, peixe espada, peixe sable, castañeta e tiburón.
De xeito, o porto pesqueiro de Vigo é un dos máis importantes do mundo, exportador de productos a toda Europa e industria de gran peso para España.
|
|
|
|
VISITA A EXPOSICIÓN GALICIA INDUSTRIAL
|
O alumnado de 3º ESO-C e de 2º de Bacharelato visitou a exposición na Fundación Pedro Barrié de la Maza acompañados polos seus profesores do Departamento de Xeografía e Historia.
A exposición está compuesta por 141 obxetos (máquinas, enxeños, maquetas, patentes e documentos orixinais), centos de imaxes e algúns audiovisuais, procedentes de empresas, institucións e coleccións privadas.
A exposición está estructurada en catro módulos subdivididos en varios ámbitos: Módulo 1: Saída en falso (c. 1750 - c. 1880) Abarca os ámbitos do liño e a cerámica tradicional, a metalurxia e Sargadelos, as industrias marítimas, os curtidos e as industrias públicas. Módulo 2: A industria chegou do mar (1880 - 1936) Abarca os ámbitos da conserva, a construción naval e a industria derivada da pesca, a conserva e madereiras. Módulo 3: A exploxión hidroeléctrica (1936 - 1973) Abarca os ámbitos das industrias da guerra, o volframio, o naval, aas eléctricas e a química. Módulo 4: O novo selo industrial de Galicia: O automóbil e a confección (1973 - 2005) Abarca os ámbitos do automóbil, as industrias agroalimentarias, a confección, a evolución recente e a reconversión naval.
http://www.fbarrie.org
|
|
|
|
|
Benvidos / O Centro/ Oferta Educativa / Organización / Secretaría/ Departamentos/ Alumnado / Actividades / Novas/ Enlaces / Acerca da Web / Buscar
|
|