INICIO HISTORIA  FOTOS ENSINANZAS
EQUIPO DIRECTIVO DEPARTAMENTOS TITORÍAS MATERIAS PENDENTES
ANIVERSARIOS 400/65 PREMIO SAN CLEMENTE ATENCIÓN PROFESORES ENLACES

 

ANIVERSARIOS 400/65

O Instituto Rosalía de Castro, ubicado no fermoso Pazo de San Clemente, está a celebrar dúas efemérides importantes: O 400 aniversario da morte do Arcebispo Juan de San Clemente e da fundación do Colexio San Clemente de Pasantes e, por outra parte, o 65 aniversario da creación do Instituto Rosalía de Castro

Don Juan de San Clemente foi arcebispo de Santiago desde 1587 ata o ano da súa morte, e ademais unha figura importante tanto desde o punto de vista do culto xacobeo como da educación e da cultura.

Durante o seu mandato produciuse un feito de singular transcendencia para o futuro do culto xacobeo. Ante a ameaza que supoñían os frecuentes ataques de navíos ingleses ás costas galegas e o conseguinte temor a que fosen saqueados os tesouros da mitra compostelana, don Juan de San Clemente, ademais de colaborar na organización da defensa das costas galegas, decidiu esconder as reliquias que a tradición atribuía ó apóstolo Santiago nun lugar seguro da Catedral. Morto o arcebispo, perdeuse a memoria do novo depósito dos restos sagrados durante tres séculos. Non foi ata 1879 cando unhas excavacións arqueolóxicas permitiron a localización das citadas reliquias debaixo do tras-altar da Catedral santiaguesa, reanudándose desde aquela o culto tradicional á memoria do Apóstolo. Don Juan de San Clemente, polo tanto, está íntimamente ligadoó culto xacobeo e, en consecuencia, á historia moderna do Camiño de Santiago.

Por outra parte, o arcebispo don Juan de San Clemente fundou dous colexios importantes para Santiago e para Galicia, o Colexio das Orfas destinado á formación das xoves orfas do Reino de Galicia e o Colexio Maior San Clemente de Pasantes, hoxe sede do Instituto “Rosalía de Castro”. O edificio do Colexio San Clemente converteuse, desde o mesmo momento da súa creación, nun foco de singular importancia cultural para a cidade de Santiago e, en xeral, para toda Galicia. Primeiro, como sede do propio Colexio de Pasantes, e despois, a partir de 1807, como centro que albergou diferentes institucións relacionadas coa cultura e o ensino, como aEscola de Arte, a Escola de Música, a Biblioteca Popular, a Escola de Veterinaria, a Facultade de Dereito, o Museo Arqueolóxico, a Sociedade Económica de Amigos do País e outras varias do mesmo teor. Así mesmo, acolleu numerosas exposicións no século XX. Desde 1939 é sede do Instituto Rosalía de Castro.

O Instituto “Rosalía de Castro” pretende conmemorar este 400 aniversario a través dunha serie de actividades que se desenvolverán ó longo deste ano. O obxectivo último non é só conmemorar esta efemérides, senón facer dela o punto de partida dun programa cultural que en parte poida consolidarse cunha periodicidade anual, convertendo así ó Arcebispodon Juan de San Clemente nunha figura viva na paisaxe cultural de Compostela.