ENSINANZAS
- EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO)
-
ESO INTERNACIONAL
- PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR
- BACHARELATO LOXSE:1º e 2º. Ciencias
da Natureza e da Saúde, Humanidades e Ciencias Sociais
-
BACHARELATO
INTERNACIONAL
Todas as anteriores en horario de 9 a 14:25 e unha tarde
de 16 a 18:30)
- EPA: Módulos III e IV en horario de
17:55 a 22:20
- BACHARELATO DE ADULTOS en horario de
16 a 22:20
- EPA DISTANCIA: Módulos I, II, III e IV martes en horario de
17:55 a 22:20
IDIOMAS QUE SE IMPARTEN: Inglés, Francés, Alemán
PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO
- O Instituto Rosalía de Castro proponse como obxectivo
fundamental fomentar unha educación o mais completa posible nun ambiente de
traballo, seriedade e respecto mutuo, que lles permita a tódolos nosos alumnos
dotarse dos medios adecuados para a súa actividade futura. De aí a nosa aposta
por unha oferta variada (ESO, Bacharelatos, ESO e Bacharelato
Internacional, Ciclos Formativos Superiores, Formación de adultos, Formación a
Distancia) que teña en conta tanto a calidade do ensino coma as
necesidades específicas dos rapaces/as do noso entorno xeográfico.
- O noso obxectivo é pois promover unha formación que
reúna calidade, enraizamento no medio, apertura ó mundo é unha sólida
formación en valores.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- O labor do Departamento de Orientación integrase no
marco da propia educación, tratando de responder ás necesidades dun centro
vinculado cun entorno socio-cultural rico e variado.
- As actuacións que se levan a cabo desde este
Departamento centranse en :
Apoiar o proceso de ensinanza e aprendizaxe, dando unha
resposta ás necesidades do centro. Dentro deste ámbito ínscribese a resposta
axeitada ás necesidades educativas do alumnado a través de distintas medidas de
atención á diversidade: reforzos educativos, adaptacións curriculares
- diversificación curricular, agrupamentos específicos,...
- Proporcionar a tódolos alumnos/as unha orientación
académica e profesional.
- Organizar e Planificar a Acción Titorial. Este ámbito de
traballo posibilita a posta en marcha da meirande parte das actividades de
orientación persoal, académica e tamén profesional.
- Conectar o centro educativo co entorno.
O noso traballo
esixe unha constante colaboración de tódolos axentes educativos: pais,
profesores e alumnos