O GOBERNO PROVISIONAL (Abril-Xuño 1931)

A CAÍDA DA MONARQUÍA (1930-31):
Xaneiro.1930: dimisión do dictador Primo de Rivera ante a pérdida de apoios e o incremento das actividades da oposición.
O rei Afonso XIII encargalle o goberno ó xeneral Berenguer pretendendo volver á normalidade constitucional anterior a 1923 como si nada pasara pero non é ben recibido polos intelectuais (Texto de Ortega y Gasset), nin aceptado por unha oposición repúblicana que se agrupa no Pacto de San Sebastián .
Como salida a crise o rei forma un Goberno de Concentración en Febreiro de1931 presidido polo almirante Aznar, que promete a celebración de eleccións, comezando polas municipais.
O 12 de Abril celebránse as eleccións municipais cun claro trunfo nas capitais das candidaturas republicanas. Interprétase como un referendo sobre a cuestión Monarquía/República: Alfonso XIII renuncia ao trono e o 14 de Abril proclámase a II REPÚBLICA ESPAÑOLA..

O GOBERNO PROVISIONAL (Abril-Xuño.1931)
14 de Abril: Proclamación da II República: Alfonso XIII abandoa España e fórmase un Goberno provisional (presidido por N. Alcalá Zamora) encargado de preparar eleccións a Cortes Constituíntes.
A instauración da República supón un intento de modernizar e democratizar as estructuras do Estado e da sociedade española. Fracasa por dous motivos:
- Unha coxuntura internacional desfavorable: chegada a España dos efectos da crise económica dos anos 30 e extrema polarización da vida política europea (fascismo vs. Comunismo)
- As resistencias ofrecidas polos sectores máis conservadores da sociedade española ao programa reformista da República e as impaciencias e intentos revolucionarios dalgúns sectores populares.