A FRONTE POPULAR (das eleccións de Febreiro.36 ao levantamento militar de Xullo.36)
Presidencia da República: N. Alcalá Zamora e despois M. Azaña (Maio)
Presidencia do Goberno: M. Azaña e despois Santiago Casares Quiroga (Maio).Gobernos republicanos con apoio parlamentario obreiro (socialistas).
Cortes: maioría de esquerdas (partidos republicanos e obreiros)

A Fronte Popular presentouse como unha coalición de esquerdas (integrada por republicanos, socialistas, comunistas, autonomistas... ) e obtivo unha victoria axustada nas eleccións (48 % dos votos, fronte ao 46'5 % das candidaturas de dereitas, agrupadas no Bloque Nacional) incluía no seu programa a recuperación das reformas do primeiro bienio, a amnistía para os delitos políticos (represaliados polos feitos de Outubro.34, sobre todo) e algunha medidas para combater os efectos da crise económica.

O Goberno tenlle que facer fronte:
- As presións e impaciencias do movemento popular (anarquistas, sector do PSOE-UXT afín a Largo Caballero... ): folgas, ocupacións de fincas
- A graves problemas de orde pública (enfrontamentos violentos entre militantes de esquerdas e de dereitas)
- Ás manobras da dereita política: vai abandonando a "táctica legalista" (defensa dos seus postulados dentro da legalidade republicana) e centrándose na preparación dun golpe de Estado.

A idea dun golpe militar xéstase a pouco de se celebraren as eleccións, o xeneral Mola organiza a conspiración militar, o detonante último foi o asasinato de Calvo Sotelo por un grupo de gardas de asalto o 14 de Xullo, en resposta á morte violenta dun compañeiro seu, o tenente Castillo, a mans de grupos de dereita. O 17 de Xullo de 1936 empeza a sublevación militar en Marrocos, comeza a Guerra Civil, pero esa é outra, e triste, historia.

Selectividade: Aqui podes ver unha composición sobre as reformas que foi posta na selectividade do 2000.