O BIENIO DE DEREITAS (das eleccións de Novembro.33 ás eleccións de Febreiro.36)
Presidente da República: N. Alcalá Zamora
Presidencia do Goberno: sucesivos gobernos presididos polo Partido Radical de Alejandro Lerroux Outubro.34: entrada de 3 ministros da CEDA.
Cortes: maioría de centro-dereita (os partidos máis votados foron a CEDA e o PRR)

Presión dos sectores conservadores sobre o Goberno para paralizar a política reformista do bienio anterior (freo á reforma agraria; amnistía para os participantes na "Sanjurjada"; dotación dun presuposto de culto e clero... )
Posición ambigua da CEDA a respecto da legalidade republicana: móvese entre:
- a defensa dos intereses sociais dos sectores conservadores dentro da legalidade republicana, e
- as insinuacións sobre a conveniencia de superar ese marco (declaracións a favor do "Estado corporativo", fascistización das xuventudes e as concentracións cedistas... )

Oposición da Esquerda (sobre todo do movemento obreiro: folgas e conflictos) á detención das conquistas republicanas e o perigo de fascismo
Outubro.34: a entrada da CEDA no goberno provoca a convocatoria dunha folga xeral que provocara a:
- Revolución de Outubro (Asturias): levantamento con participación anarquista, socialista e comunista, os traballadores fanse co control das cuncas mineiras e o goberno envía a tropas africanas (Lexión); durísima represión (milleiros de mortos, feridos e detidos).
- Proclamación do Estado Catalán dentro da República Federal Española pola Generalitat (Lluis Companys) , represión militar (milleiros de detidos, incluídos os membros da Generalitat) e suspensión da Autonomía catalana.
- Estes feitos provocan un endurecemento da política dereitista do goberno.

A falta de entendemento entre o presidente da República e Lerroux e algúns escándalos de corrupción ("estraperlo", malversación de fondos) debilitaron aos radicais, o Presidente da República negouse a nomear a Gil Robles (CEDA) para a presidencia do goberno e convocou eleccións para Febreiro de 1936.