O BIENIO DE ESQUERDAS (das eleccións de Xuño 31 ás eleccións de Novembro.33)
Presidente da República: N. Alcalá Zamora
Presidente do Goberno: Manuel Azaña, forma un goberno republicano-socialista.
Cortes: maioría republicano-socialista.

A dinámica política do periodo está marcada por:
- A aprobación dunha nova Constitución democrática (Decembro.31) na que se define a España como unha "República de traballadores de toda clase", se admite a instauración de Comunidades Autónomas ("Estado integral") e se recoñece por primeira vez o dereito ao voto das mulleres.
- O programa de Reformas promovidas pola maioría republicano-socialista:
- Lei de Reforma Agraria (coa que se pretende poñerlle fin ao latifundismo)
- Reforma da igrexa: reconsideración do papel da Igrexa e das relacións Igrexa/Estado (laicismo)
- Lei de Reforma Militar (neutralización política do exército, reducción do nº excesivo de oficiais... )
- Concesión do Estatuto de Autonomía a Cataluña (convírtese nunha das bases máis firmes da República). O País Vasco e Galicia inician os trámites para a aprobación dos seus Estatutos.
-una ambiciosa e eficiente Reforma educativa.

Selectividade: Aqui podes ver unha composición sobre as reformas que foi posta na selectividade do 2002.

A oposición dos sectores conservadores/dereita ao programa reformista (descontento entre os latifundistas, a opinión pública católica, sectores do exército, sectores que ven na Autonomía catalana un perigo para a unidade de España). Esta oposición plásmase en feitos como:
- a reorganización política da dereita coa fundación da CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas: partido de masas definido polo seu conservadurismo, catolicismo e accidentalismo sobre as formas de goberno -non se define republicana-) e de grupos fascistas como Falange Española.
- O intento de sublevación do xeneral Sanjurjo (Agosto.32)

O descontento de certos sectores populares pola lentitude ou insuficiencia das reformas sociais:
- Canalizado polos anarquistas CNT-FAI: presiona pola esquerda ao PSOE e fai perigar a alianza republicano-socialista.
- Dá lugar a numerosas folgas, ocupacións de terras... e a sucesos violentos como o de Casas Viejas (Xaneiro.33) onde as forzas da orde deron morte a unha ducia de campesiños. A oposición esixíulle responsabilidades a Azaña.
Desgastado por estes feitos, o Goberno dimitíu e o presidente da República convocou eleccións en 1933.

 

.