• Organizar e coordinar as actividades complementarias, fomentando a participación de tódolos membros da comunidade educativa.
• Enteder as tradicións como manifestacións da nosa propia historia e fomentalas.
• Que o alumno/a sexa parte activa e protagonista das actividades que se fan no centro, con actitude positiva e respectando o traballo de todos.
ACTIVIDADES
MAGOSTO
OBXECTIVOS
• Analizar o seu significado e vivenciar cos nenos e nenas esta tradición.
• Recuperación dos xogos tradicionais.
DATA
• Entre a primeira e segunda semana de novembro.
ACTIVIDADES
• Programaránse xogos tradicionais e colectivos repartindo o espacio para a execución de cada un dos xogos, formando equipos mixtos compostos por alumnos e alumnas de distintos niveis para fomentar a cooperación.
CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
OBXECTIVOS
• Relacionar os aspectos da Constitución e Estatuto da Autonomía que teñan conexión co ámbito educativo e de dereitos e deberes do neno.
DATA
• Primeira semana de decembro.
NADAL
OBXECTIVOS
• Recoñecer e valorar as celebracións destas festas dentro da nosa cultura.
• Analizar o enfoque consumista actual destas festas.
• Saber estar e comportarse sendo un público respectuoso no festival, valorando e respectando o traballo dos compañeiros/as.
DATA
• O festival terá lugar o último día antes das vacacións de Nadal.
ACTIVIDADES
• Participación de tódalas aulas na decoración e ambientación do colexio.
• Festival de panxoliñas coa participación de tódolos nenos e nenas do colexio (interpretación de panxoliñas en diferentes idiomas, dramatización de pequenas obras de teatro ou textos con temática navideña).
• Festas nas aulas.
DÍA DA PAZ
OBXECTIVOS
• Concienciar ós alumnos/as sobre a importancia e necesidade dunha convivencia pacífica entre todos.
DATA
• O 30 de xaneiro. Durante o mes de xaneiro elaboraranse as propostas da Paz.
ACTIVIDADES
• Exposición e lectura dos traballos realizados.
• Interpretación dunha canción.
ENTROIDO
OBXECTIVOS
• Celebrar de xeito festivo esta tradición.
DATA
• O venres de entroido.
ACTIVIDADES
• Facer traballos de plástica para a elaboración dos disfraces.
DÍA DO LIBRO
OBXECTIVOS
• Crear canles motivadoras que propicien o encontro cos libros, tanto de carácter lúdico coma formativo.
DATA
• O mes de abril.
ACTIVIDADES
• Actividades a determinar estando relacionadas co fomento da lectura.
• Manexo de xornais e revistas e a súa aplicación nas distintas áreas de coñecemento que se imparten nas aulas.
• Exposición dos traballos plásticos.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
OBXECTIVOS
• Adoptar e poñer en práctica as directrices do Equipo de Normalización Lingüística para esta celebración.
DATA
• Semana das Letras Galegas.
ACTIVIDADES
• Preparar fichas de traballo encamiñadas a coñecer e profundizar no persoeiro ó que está dedicado o Día das Letras Galegas.
• Publicación da revista do colexio.
• Representación de obras de teatro e cancións en galego.