• Dende o curso 2009 - 2010 só seguen co sistema de gratuidade e préstamo o alumnado que estea a cursar 3º e 4º de Primaria. O resto do alumnado (1º,2º, 5º e 6º) terán que solicitar as axudas por gratuidad da Consellería.
• Os que seguen no programa terán en conta que non se inclúen cadernos de exercicios, diccionarios, etc..., que deberán ser adquiridos polas familias.
• No mes de setembro serán entregados os libros ó alumnado que participe neste programa.
• Concluído o período lectivo os libros de texto serán reintegrados e depositados polo alumnado no centro coa finalidade de ser revisados.
• Se ó longo do curso escolar un alumno/a se traslada de centro deberá devolver ó centro de orixe os libros de texto. No novo centro deberán entregarlle os novos libros.
• O novo alumnado que se incorpore durante o curso poderá acollerse ó programa de gratuidade (ata o 31 de marzo) sendo o centro quen adquira os libros.
• O alumnado beneficiario das presentes axudas quedará obrigado a conservar en perfecto estado os libros de texto entregados e a devolvelos ó centro ó finalizar o período lectivo. O incumprimento destas obrigas suporá o ter que aboar o importe dos libros e a non concesión da axuda para o curso seguinte.
LISTA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2010 / 2011
• Poden consultar na nosa páxina web os libros de texto correspondentes ás etapas de Educación Infantil e Primaria.