• As faltas de puntualidade deberán ser xustificadas no momento da chegada asinando a persoa que acompaña ó alumno/a o modelo de xustificación correspondente.
• Teñen á súa disposición os seguintes modelos de xustificantes de faltas de puntualidade:
• Toda falta de asistencia deberá ser comunicada e xustificada, coa maior brevidade posible, ó/á titor/a indicando o día no que se produciu e o motivo.
• Cando a non asistencia a clase sexa prevista, o/a alumno/a pode solicitar o xustificante ó/á titor/a antes da súa falta e entregalo cuberto con anterioridade ou posterioridade á súa ausencia.
• Cando a non asistencia non se poda prever, o/a alumno/a solicitará ó/á titor/a o xustificante para traelo cuberto ó día seguinte á súa incorporación.
• Teñen á súa disposición os seguintes modelos de xustificantes de faltas de asistencia:
Segundo a Orde da Consellería de Educación do 22 de xullo de 1997 (D.O.G. do 02-07-97) " Non se poderá acceder ós espacios didácticos pedagóxicos, incluídos corredores, durante as horas de clase, sen a debida autorización".