|
| |
Para acadar a educación integral do noso alumnado, atenderemos ó
desenvolvemento dos nenos e das nenas, procurando a súa madurez e a
adquisición de capacidades referidas ás seguintes dimensións educables:
- Educación corporal, intelectual, social e afectiva.
- Educación actitudinal: Educación vial, medioambiental, para a
saúde, para a paz, para o consumo, para a igualdade e a tolerancia e
para o ocio.
- Educación en Valores.
Tendo en conta estes principios os ámbitos de traballo do titor/a estarán referidos a:
-
Ensinar a pensar para mellorar a capacidade
de aprender a aprender dos alumnos/as, estimulando a adquisición de
estratexias de coñecemento (exploración e descubrimento) e habilidades de
pensamento no marco do desenvolvemento curricular.
-
Ensinar a ser persoa favorecendo o
desenvolvemento equilibrado da personalidade dos alumnos/as axudándoos na
construcción da súa identidade persoal, no seu proceso de autocoñecemento
e na formación dun autoconcepto positivo.
-
Ensinar a convivir e a comportarse para
contribuir ó desenvolvemento de capacidades sociais propias da boa
convivencia para que osalumnos e alumnas melloren a súa capacidade de
adaptación escolar e social. Isto conleva ensiñarlles a adaptarse á
vida e ó medio e a autorregularse para establecer unhas relacións
dinámicas co entorno.
-
Ensinar a decidirse (3º ciclo)
facilitándolles experiencias de aprendizaxe que conteñan elementos
(cognitivos, de procedementos e actitudes) que garden relación coa
capacidade de decidirse e que promovan a madurez para tomar decisións.
|