|
| |

-
Aprendizaxe significativa: Sistema de
adquisición de coñecementos cercano á realidade do alumno/a, que lle
permite crear unha interpretación persoal das ensinanzas, nas que integra e
estructura cada un dos elementos asignándolles un determinado valor e unha
función concreta.
-
Conflicto da aprendizaxe: A maneira de
conseguir unha aprendizaxe sólida basease no establecemento dun conflicto
entre os coñecementos previos dos alumnos e alumnas e as propostas de
aprendizaxe, polo que éstas inscríbense sempre no seu entorno imnediato e
cotiá, partindo del, aínda que se trate de acceder a realidades distintas
da propia.
-
Principio de observación: A través da
observación e descubrimento da realidade o alumno/a pode chegar a
establecer as relacións axeitadas entre os coñecementos previos e os novos
contidos.
-
Funcionalidade dos coñecementos: Reflectirase
en dúas vertentes:
- Utilidade real na vida dos novos coñecementos.
- Base para progresar na adopción de coñecementos
novos.
-
Equilibrio entre socialización e
individualización: Intentando favorecer, así, a cooperación, o
intercambio e a confrontación de opinións e o talante non discriminatorio
a vez que a construcción individual da súa propia aprendizaxe.
-
Educación en valores que na
práctica aparecen ligados a distintos temas de interese ético e social que
son o centro dos temas transversais do currículo. Polo tanto plantexamonos
o ensino dos valores a través dos distintos temas transversais que son o
eixo ó redor do que se articulan todas as programacións de aula.
|