O alumnado do CEIP A Xunqueira Nº2, desde primeiro a sexto de Educación Primaria de procedencia estranxeira, homenaxeou a Rosalía de Castro lendo na súa lingua de orixe catro versos dun poema do libro “Cantares gallegos”.
Os do terceiro ciclo de Primaria “rapearon” o poema “Campanas de Bastabales”.
Vídeo do colexio St. Mary’s School at Mullaghbawn (Northern Ireland) homenaxeando a Rosalía de Castro.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
Para conmemorar o primeiro día das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.
Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia. Autores homenaxeados:
A auga de maio, non fai dano.
Abril e maio son as chaves do ano.
Ata o corenta de maio non quites o saio.
Ata o corenta de maio, non te quites o saio e, se volve a chover, vólveo a poñer.
Ceo aborregado, auga de contado.
En maio, aínda a vella queima o tallo.
En maio, aínda bebe o boi no prado.
En maio, calquera besta é cabalo.
En maio, de sono me caio.
En maio, sae o polbo do ramaio.
En maio, xa leva cereixas o gaio.
Garda o teu saio, para maio.
Garda pan para maio e leña para todo o ano.
Maio chuvioso, verán caluroso.
Maio longo, San Xoán redondo.
Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura.
Maio un pouco frío, cría trigo; pero, si é moi frío, nin palla nin trigo.
Maio ventoso, ano fermoso.
Maio ventoso, pró labrego fermoso e pró mariñeiro, penoso
Nin maio sen trebóns, nin home sen calzóns.
No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo.
O mes de maio, pasa coma un raio.
O peixe de maio, a quen cho pida, dállo.
O que en maio se molla, en maio se enxoita
O que o maio rega, o maio seca.
Ovella vella e colmea pobre en maio morre
Polo San Isidro, sementa o teu millo.
Por San Matías (14 maio) iguálanse as noites aos días
O 30 de xaneiro baixamos ao patio cos muiños de vento pola paz e colocamonos no símbolo da paz que estaba pintado no chan do patio, dous alumnos de 6º leron “Os dereitos dos nenos”, cantamos a “Cantarela dos nenos”, ao rematarmos a canción puxemos os muiños no xardín do colexio.
Mirade algúns dos murais, o belén que montamos na entrada do colexio, a entrega dos premios do concurso de postais no festival do Nadal e a visita dos Reis Magos.
A CEDNL de Pontevedra, este ano aconséllavos uns cantos libros dos moitos que temos nas nosas librarías, tanto para infantil, primaria, secundaria como bacharelato.
Na noite de San Xoán, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de España, especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de San Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar.
A noite de San Xoán é unha das festas antropoloxicamente máis importantes en Galicia. Así por exemplo, celébrase na Coruña coas tradicionais fogueiras na praia do Orzán e na de Riazor, sendo esta a festa do San Xoán máis multitudinaria de Galicia e unha das máis multitudinarias de toda España. A noite de San Xoán na Coruña foi declarada festa de Interese Turístico Nacional.
Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de San Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas … (Fonte: Na Galipedia, a Wikipedia en galego.)