Programa Ecola: visita ao Salgueiral
Lugar: Aldea do Salgueiral (Bora)
O programa Ecola: da ovella á madeixa representa unha boa oportunidade para achegarse á realidade do entorno rural de Pontevedra. Dende a primeira edición que se fixo no ano 2011, pon en valor e sensibiliza ao alumnado sobre a importancia de manter a riqueza patrimonial, tanto a nivel sociocultural como natural, do noso rural, en concreto a aldea do Salgueiral en Bora.
Durante a visita, os/as rapaces/zas desenvolveron unha dinámica baseada nas diferentes fases do proceso tradicional da la: a rapa da ovella, o lavado, o cardado, o fiado e o tinguido natural. Coñeceron, da man dos veciños e as veciñas da aldea, a protagonista da actividade, a ovella. Ademais, aprenderonas razas de ovella máis comúns, compararon os tinguidos naturais e os sintéticos, e coñeceron a importancia da la na economía doméstica rural.
Categories: