Xogamos ao atletismo: programa Xogade

A campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma.
O martes 14 de abril de 2015 os alumnos de quinto curso de E. Primaria participamos na actividade de atletismo no Estadio da Xuventude de Pontevedra.
Clasificación dos colexios que participaron o día 14 de abril na actividade de atletismo en pista no CGTD.

O colexio que obtivo máis puntos,  o CEIP A Xunqueira Nº2, GRUPO 1, queda clasificado directamente para a final provincial que será o vindeiro 26 de maio de 2015 no CGTD de Pontevedra.

Escribe un comentario