Coñecemos as árbores do CEP A Xunqueira Nº 2

Un dos dous autores do libro “ Pontevedra, as árbores da cidade” veu ao colexio a ensinarnos, no noso xardín, as árbores e prantas das que fala no seu libro.

No libro “ Pontevedra, as árbores da cidade” podemos atopar unha espléndida colección de árbores e arbustos dos parques e xardíns, prazas e rúas e mesmo de colexios e institutos de Pontevedra.

Podes ver as fotos e traballos desta actividade a continuación

Publish at Calaméo or browse the library.

XADREZ NA RÚA – XADREZ SOLIDARIO 2011

Onte 27 maio de 2011 celebramos a actividade XADREZ NA RÚA – XADREZ SOLIDARIO  na praza da Ferrería de Pontevedra. XADREZ NA RÚA – XADREZ SOLIDARIO, naceu no ano 2010 como unha actividade conxunta de catro colexios: CEP A Xunqueira Nº 2,  CEIP Campolongo, CEIP Froebel, CEIP Vilaverde-Mourente e  a Escola de Xadrez de Pontevedra, este ano incorporánronse o CEIP Manuel Vidal Portela e o CEIP Parada- Campañó, moitas grazas pola vosa participación. Cada xogador colaborou, voluntariamente, coa doazón dun quilogramo de alimentos non perecedoiros que foron entregados ao comedor  de San Francisco de Pontevedra. Houbo unha moi boa participación para ser un venres e con moita calor. Estaban previstos sobre 270 rapaces,  aínda que faltaron algúns , outros foronse  incorporando, e  todo aquel que quiso  puido xogar.
O noso agradecemento á Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, á F.A.N.P.A. e a Escola de Xadrez de Pontevedra, sen a súa colaboración non poderíamos levar a cabo a actividade.
Aquí temos tódalas fotos que fixemos da actividade XADREZ NA RÚA – XADREZ SOLIDARIO

 

Velaí vai outro álbum de fotos:

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: LOIS PEREIRO

Letras Galegas 2011

Lois Pereiro

Nacido o 16 de febreiro de 1958 en Monforte de Lemos, Lois Pereiro foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. En 1975, con 17 anos, marchou a Madrid continuar os seus estudos e alí fundará a revista Loia, xunto con Xosé Manuel Pereiro, Antón Patiño e Manuel Rivas. Nesta publicación verán a luz os seus primeiros versos, algúns dos cales serán recollidos posteriormente en Poemas para unha loia(1996).

Durante a súa mocidade gaña o Premio de Poesía O Facho e participa nos dous libros colectivos De amor e desamor (Edicións do Castro, 1984 e 1985). Será Poemas 1981-1991 (Edicións Positivas) a obra que o converta, segundo Manuel Rivas, ”no clásico que ten a literatura galega sen sabelo”.

Desde a cidade da Coruña, onde se estableceu a comezos da época dos 80, Lois Pereiro participará de forma activa nun momento de cambio, de experimentación e de apertura a múltiples tendencias e influencias foráneas que reflectiu e exemplificou na súa produción creadora.

Morre o 24 de maio de 1996, pouco despois de publicar Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 (Edicións Positivas, 1995), “un libro intenso e apaixonado, dos máis duros e descarnados da literatura galega”, en palabras de seu irmán, Xosé Manuel Pereiro.

Coñece máis sobre a vida e obra de Lois Pereiro a través dun texto de Xosé Manuel Pereiro no web da Real Academia Galega, onde se pode consultar tamén o programa de actos conmemorativos do Día das Letras Galegas.

Podedes atopar á vosa disposición as unidades didácticas e os carteis sobre Lois Pereiro que forman o material editado con ocasión do Día das Letras Galegas 2011:

http://www.xunta.es/linguagalega/lois_pereiro

Lois Pereiro, autor ao que se lle dedica este ano 2011 o Día Letras Galegas.

Achegamos unha listaxe de enderezos web e bibliografía sobre Lois Pereiro, autor ao que se lle dedica este ano o Día Letras Galegas. Nesta relación, podedes atopar información e materiais de diversa índole que poden ser de utilidade para traballar a obra deste autor.

LIGAZÓNS DE INTERESE NA REDE:

a) http://www.realacademiagalega.org

b) http://www.youtube.com/watch?v=qxFIs2z_dsw&feature=related :Vídeo feito polos CPI dos Dices (Rois) e o CPI da Baña no que Arturo Casas, Antón Lopo, Menchu Lamas, Antón Losada, Antón Patiño e X. M. Pereiro, falan sobre a obra e a personalidade de Lois Pereiro.

c) http://www.youtube.com/watch?v=y7z5WR9f1c8: Documental sobre Lois Pereiro (I) http://www.youtube.com/watch?v=ohVE8gCSs3o&feature=channel: Documental sobre Lois Pereiro (II) . Son dous documentais moi breves con impresións, anécdotas….

d) http://loispereiro.blogaliza.org/: entre outros contén o vídeo “A presenza creadora de Lois Pereiro”, Páxinas da Revista Loia, Videoclip de Manu Clavijo, …

e) http://mundolois.gl/portada: Proxecto de Antón Reixa, Lino Braxe…

f) http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=LoiPerei&alias=&solapa=biografia : BVG  aparecen datos biográficos e algúns textos.

g) http://www.prazadasletras.org/letras/autores/autor/246/lois-pereiro: Lois poeta e xornalista. Comentarios sobre o seu libro Poemas 1981/199.

h) http://www.youtube.com/watch?v=pMfrkwR_O44 : Vídeo de presentación da Fotobiografía de Lois Pereiro.

i) http://www.youtube.com/watch?v=0FnflOFfusM : Radio Océano Narcisismo. Vídeo con imaxes do grupo Radio Océano (un dos membros é Xosé Manuel Pereiro, irmán de Lois Pereiro).

j) http://www.mcshuibhne.com/2010/06/28/o-futuro-xa-non-e-alleo-a-lois-pereiro/. Artigo de opinión.

BIBLIOGRAFÍA:

XERAL

-          De amor e desamor . Edicións do Castro (1984)

-          De amor e desamor II. Edicións do Castro (1985)

-          Poemas: 1981-1991. Edicións Positivas, S.L. (1992)/ Poemas 1981-1991 (reed. Positivas).

-          Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995). Edicións Positivas, S.L. (1995) / Poesía última de amor e enfermidade (reed. Positivas).

-          Poemas para unha loia. Espiral Maior (1997).

-          Conversa ultramarina (Positivas).

-          Collected Poems (Small Station Press, trad. Jonathan Dunne).

-          Obra completa. Lois Pereiro (Libros del Silencio, trad. Daniel Salgado).

-          Poesía completa (Xerais, ed. Ana Acuña).

-          Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia e outros ensaios. (Xerais, ed. Fran Alonso).

-          Náufragos do paradiso (Galaxia).

-          Antoloxía (Galaxia).

-          Antoloxía consultada da poesía galega 1976 – 2000. TrisTram 2003

-          Luzes de Galiza nº 28. Ano 1997. “A vida e a furia”. Recolle unha entrevista moi interesante con Lois Pereiro e textos homenaxe de diferentes autores e amigos.

BIOGRAFÍA E ENSAIO:

-          Radiografía do abismo (Antón Patiño, Espiral Maior).

-          Dicionario de sombras (Antón Patiño, Espiral Maior).

-          Lois Pereiro: náufrago do abismo (Marcos Calveiro, Xerais).

-          Lois Pereiro. Vida e obra (Iago Martínez, Xerais).

-          Le mot juste (Antón Lopo, Galaxia).

-          O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro (José Luis Calvo e Carlos Gegúndez, Toxosoutos).

-          Fotobiografía sonora. Romaní Fernández, Ana; Sánchez Pereiro, Xosé Manuel e Souto, Xurxo (2010). Ouvirmos. Inclúe dous discos, coa homenaxe musical coordinada por Xurxo Souto).

AUDIOLIBROS

-          Lois Pereiro ao vivo (Xerais).

MÚSICA

-          O grupo musical Ondas Martenot realiza concertos  tributo a Lois Pereiro. Versionan e traducen ao galego cancións que estaban entre os gustos musicais do poeta. Tamén inclúen poemas do autor.

TEATRO

-           Mundo Lois (Nordesía, Kachet e Filmanova). Lino Braxe dirixe un espectáculo escénico ideado por Antón Reixa.

BANDA DESEÑADA

-          Lois Pereiro. Novela gráfica (Jacobo Fernández Serrano, Xerais).

AUDIOVISUAL

-          Contra a morte (Alexandre Cancelo e Iago Martínez). Documental producido por IB Cinema e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales.

TRABALLOS QUE  SE EDITARÁN PROXIMAMENTE:

-          Edicións do Cumio editará un libro – CD con 16 composicións musicadas de Lois Pereiro baixo o título: Lois Pereiro. Canción última.

-          Zouma Records editará un libro-CD con 8 poemas musicados e ilustrados de Lois Pereiro. Inclúe tamén prólogo de Xosé Manuel Pereiro, unha composición de Lino Braxe dedicada ao autor.

-          Caderno da emoción e da palara. O Concello de Oleiros, en colaboración co EDLG e o departamento de Lingua galega e literatura do IES María Casares publicará un manual didáctico  para traballar a figura e a obra de Lois Pereiro.

-          Rinoceronte Editora publicará unha antoloxía en CD que inclúe textos de Lois Pereiro, musicados por Alfonso Camarero recitados polo cantautor punk o Leo.

-          O Leo i arremecághona !!! coordinará un disco tributo ao autor no que participarán grupos do panorama musical galego actual.

5ª XORNADAS DA ALIMENTACIÓN “Sabores do mundo”

XADREZ NA RÚA – XADREZ SOLIDARIO

O 27 de maio de 2011 temos pensado realizar a actividade XADREZ NA RÚA – XADREZ SOLIDARIO.

Publish at Calaméo or browse the library.

A actividade terá lugar na praza da Ferrería de Pontevedra o día 27 de maio de 2011 das 17 ás 19 horas. Cada rapaz que participe recibirá unha camiseta e unha medalla. Cada participante colaborará, voluntariamente, coa doazón dun quilogramo de alimentos non perecedoiros que serán entregados ao comedor de San Francisco.

Poderán participar todos os alumnos de E. Primaria que queiran, sen máis límite que a capacidade da carpa que se montará ao efecto: 400 alumnos. No caso de que se superase esa cantidade, a organización poría unha ratio por colexio.

Cada rapaz xogará tantas partidas como poida no tempo sinalado (das 17 ás 19 horas) con outros de distinto colexio ao seu.

Haberá, ademais das partidas, outras actividades como son explicación dunha partida por parte dun mestre internacional de xadrez, xogo dunha partida nun xadrez xigante e algunha outra sorpresa.

A inscrición dos colexios farase no seguinte e-correo: cep.xunqueira2@edu.xunta.es

Data límite da inscrición 6 de maio de 2011.

XADREZ NA RÚA – XADREZ SOLIDARIO, naceu no ano 2010 como unha actividade conxunta de catro colexios: CEIP Campolongo, CEIP Froebel, CEP A Xunqueira Nº 2 e CEIP Vilaverde-Mourente. Podedes ver as fotos desta actividade no ano 2010 e máis información nos seguintes enlaces:

http://centros.edu.xunta.es/cepaxunqueiran2/blog/?p=7

http://www.blogoteca.com/nlcampolongo/index.php?cod=83131


23 de abril de 2011: Día Mundial do Libro.

Fotos das actividades lúdicas nas I Xornadas dos ENDL do Concello de Pontevedra

Se queres ver máis fotos, a nota de prensa e agradecementos, preme aquí.

Actividades lúdicas nas I Xornadas dos ENDL do Concello de Pontevedra

Nota: Este artigo irase actualizando segundo se confirmen datos e aumente a información.

Calquera consulta:     enlpontevedra@gmail.com

Data celebración das Xornadas: do 14 ó 18 de marzo.

Lugar de celebración: O espectáculo musical para os de Infantil (con Migallas) farase o martes 15 no Teatro Principal. Faranse dous pases, un ás 10 h. e outro ás 11:30 h. Os colexios que comecen as clases as 09:30 h, terán preferencia para o segundo pase: CEIP de Campañó, CEIP Cabanas, …

Os xogos populares para Primaria faranse o mércores 16 de marzo. Hora de confirmación da chegada: 10:15 h. Hora de comezo dos Xogos: 10:30 h. Hora de remate: 13:00 h.

Lugar de celebración: Alameda e Avda. Montero Ríos.

Lugar de encontro para os Xogos: Palco de Música, no centro da Alameda.

Colexios e nº de participantes nas dúas actividades.

Actualización das xornadas.

Plano dos Xogos.

Fichas dos Xogos Programados.

Estacións.Fotos.

Monitores das actividades.

Fonte onde poder beber.

Persoeiro homenaxeado : Xoán Manuel Pintos.

Os centros que precisen autobús, deberán comunicárllelo ó Concello:

Telef: 986 863 157

normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es

Prégase o máis axiña posible, que os centros manden un listado numerado do alumnado que virá as xornadas e do mestre encargado. Indicar o nivel do grupo (curso).

Recordamos que imos aproveitar para mesturar os grupos, coa finalidade de facer tamén algo de convivencia. A primeira distribución dos grupos farémola os organizadores, logo avisaremos de como tedes que repartilos vós nas diferentes estacións.

Cada grupo escolar podería traer un distintivo:camiseta, biseira,pano … para que os monitores souberan a que colexio pertencen.

En cada estación haberá un mestre ó lado dos monitores que dirixirán a actividade (alumnos do Ciclo TSFAAD do IES Sánchez Cantón)

Podedes deixar tamén un correo electrónico persoal do responsable e un teléfono para axilizar as cousas nas datas próximas ás xornadas.

A PARVA: Fárase un descanso de 20` despois do 3º xogo para tomar a parva.

BAÑOS: Están habilitados os baños do Concello para este evento.

O alumnado fará un só circuito, o que lle toque.

Habilitaranse para ese día os baños do Concello de Pontevedra na Praza de España.

Artigos relacionados:

Acto de inaguración do Ano Xoán Manuel Pintos.

Libro de xogos.

Xogos no Renacemento (Brueguel).

Xogos de sortes.

Banco de Actividades dos EDNL para as Xornadas (exporanse o luns no Concello).

Vocabulario de Pintos.

Información no blogue da CEDNL da Comarca de Pontevedra.

Máis fichas de xogos.

14 DE FEBREIRO DE 2011: SAN VALENTÍN CONTOS DE AMOR

A nosa mascota, Fervelliño, Nestas datas, eu non sei se é porque esta preto o día de San Valentín, ponse moi namoradiño e encántalle ler contos de AMOR.

Ao longo desta semana os máis cativos traerán contos de amor da súa casa á biblioteca para facer unha exposición e os outros nenos e nenas do cole escribirán pequenos relatos dun conto de amor.

A cambio a nosa mascota  regalarálles unha lambetada de San Valentín e un conto proxectado.

Cos traballos faremos unha exposición, lecturas de San Valentín e un conto colectivo.

Publish at Calaméo or browse the library.