| 
      
        | 
          
            |     
            "Todos os homes queriamos ser dous, tres ou vinte, pero a nosa 
            natureza e o mundo que nos arrodea impídenolo. Todos quereriamos ser 
            aventureiros, descubridores, navegantes, submarinistas, mesmo 
            gangsters. A realidade impídenelo...Só hai unha forma de lles dar 
            contido ós nosos desexos: a  lectura. Os libros permiten 
            transportarnos a unha realidade ficticia, pero que colma os nosos 
            desexos"                               
                              Torrente Ballester |  |  |  
        |  |  
        | Os nosos 
        desexos tamén se viron cumpridos aquela tarde na que Antón Cortizas 
        e An alfaya nos transportaron a esa realidade ficticia. Que bos  
        recordos... |  
        | Outros autores e autoras que tamén nos visitaron e nos contaxiaron coa 
        súa fantasía,  animándonos a ler,  a crear , a ilustrar...foron
        Fina Casalderrey, Pepe Carreiro e Marilar Aleixandre. |  
        | O alumnado está,  con anterioridade á visita dos autores e  
        autoras, moi motivado por coñece-las súas obras; feito que aproveitamos 
        realizando gran variedade de actividades: xogos, fichas, actividades 
        JClic, murais, traballos plásticos,... |  
        |  |  |