::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
VIDA NAS COSTAS ROCHOSAS
Física e Química / mércores 30 de maio do 2007
 
O Departamento de Física e Química colaborou co de Bioloxía e Xeoloxía na visita que fixeron os rapaces e rapazas de 3º de ESO á praia de Doniños. Foi unha actividade programada polo concello de San Sadurniño e tratábase de comprobar, coa axuda de dous guías especializados a diversidade biolóxica dun ecosistema, neste caso a praia de Doniños, en Ferrol. Como podedes comprobar nas fotos, atopamos ourizos, estrelas de mar, ameixas, mexillóns, moitos tipos de algas, anémonas...todo iso baixo as explicacións dadas por dous guías expertos no tema. Foron un par de horas distendidos onde aprendemos un pouco máis sobre eses pequenos mundos que nos pasan tan desapercibidos pero que gardan unha riqueza biolóxica impresionante.

en Doniños
en Doniños

ourizo
estrela de mar
anémona
cangrexo
trepando polas rochas

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft