autores e obras

 

Arnaut Daniel ,foi o máximo exponente do trobar clus. Segundo isto, o menos importante na súa poesía é a verdade do , o que máis importa é a forma , o artificio da palabra.

Grande poeta do amor, na súa poesía destaca o intercambio de sensacións e o simbolismo. A súa poesía está fundamentada na expresión. Nunca dixo nada novo, pero todo o que dixo fíxoo dun xeito novo. A el non lle interesaba expoñer ideas, senón facer marabillas coa linguaxe e as rimas.

 Atribúese a el a creación da sextina Deste xeito, Arnaut introduciu na lírica a complicación formal e tamén o valor poético desta composición.

Morreu no 1195. Gozou de gran prestixio a finais da Edade Media e foi imitado por Dante, que dirá del que é o poeta que chora e vai cantando, Petrarca e Ausias March.

q'ieu e midonz jassam

en la chambra on amdui nos mandem

uns rics convens don tan gran joi atendi,

qe-l seu bel cors baisan rizen descobra

e qe-l remir contra-l lum de la lampa

que eu e a miña señora esteamos na cámara na que ámbolos dous fixemos unha preciosa cita. da que espero tanto pracer que descubra o seu fermoso corpo, besando e rindo, e que o contemple contra a luz da lámpada.
L'aur'amara    fa-ls bruels brancutz

clarzirz,    que-l dous'espeys'ab fuelhs,

e-ls letz    becz    dels auzels ramencx

te balbs e mutz     pars     e non-pars.

composición de rimas internas