autores e obras

Guillermo de Aquitania, duque de Aquitania e conde de Poitiers ( 1071-1123) di que foi un dos homes máis corteses do mundo, un dos máis grandes burladores de damas e un bo cabaleiro coas armas.

Pertencía a unha familia ilustre e preocupada pola cultura. Ocupou sen dereito o condado de Tolosa e tivo escandalosos amores, feitos polos que foi excomulgado en dúas ocasións

A súa obra poética marca o comezo da edade de ouro da literatura medieval en lingua romance. El é o primeiro trobador coñecido,  escribe na lingua provenzal e inventa as regras do trobar.

A obra conservada deste trobador redúcese  once poesías. Nelas distínguimos:

Un grupo de poemas " sensuais" nos que o trobador se dirixe ós seus compañeiros ( cabaleiros mozos coma el)e expón temas divertidos e mesmo obscenos ó falar dos amores coas súas amigas

Poemas "tenros", nos que aparece a valaxe amorosa e o trobador canta á súa dama.

Por medio da poesía, Guilleme de Aquitania manifestou a súa indignación contra unha igrexa que o excomulgaba e contra as esposas que fuxían del.

    ALGÚNS POEMAS