| Bernart de
Ventadorn,
(1147-1170…)
é un dos trobadores da etapa anterior a Guillem de Berguedá.
Pouco se sabe da súa vida, só que foi fillo duns serventes do
castelo de Ventadorn e que coñeceu as cortes trobadorescas de
Tolosa e de Leonor de Aquitania.
Segundo
Martín de Riquer, Ventadorn está considerado coma un dos
mellores trobadores, cunha poesía exclusivamente amorosa, de ton
melancólico e nostálxico. A tradición anterior imponlle unhas
ideas preestablecidas sobre o amor e utiliza procedimentos que xa
utilizaran os poetas anteriores como descripción da primavers,
turbación ante a amada, condena dos calumniadores, etc Está
preocupado pola sinceridade da súa poesía. Di que dun amor
auténtico ten que xurdir unha poesía tamén auténtica e que el
é o mellor dos trobadores porque é o mellor amador
| Non es meravella s'eu
chan
melhs de nul autre chantador,
que plus me tra-l cors van amor
e melhs sui faihz a so coman |
Non é marabilloso se
canto mellor que calquera outro cantor, pois o corazón
arrástrame máis ca outros cara o amor e estou mellor
feito ó seu mandato |
|