IES A Pinguela - Proxectos europeos - Introdución
 
   
 
 

CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE ALUMNADO DE CICLOS SUPERIORES PARA PRÁCTICAS (FCT NO ESTRANXEIRO): ABRIL-XUÑO 2022.

Proxectos: 2019-1-ES01-KA103-061566 - EUROPING–2020 e 2021-1-ES01-KA131-HED-000003699 – EUROPING -2021

BASES DA CONVOCATORIA:

  • NORMAS XERAIS

Bolsas para realizar prácticas en empresas do estranxeiro, que computarán como horas do módulo de FCT, para alumnos de ciclos formativos de grao superior do IES A Pinguela dentro do programa Erasmus+ (proxectos: 2019-1-ES01-KA103-061566 - EUROPING–2020 e 2021-1-ES01-KA131-HED-000003699 – EUROPING -2021)

Período de realización : abril-xuño de 2022.
Duración: a duración do módulo de FCT
Número de prazas: 4
Prazo de presentación: : ata o 3 de decembro de 2021.
Ciclos formativos de GRAO SUPERIOR

Países destino: países da Unión Europea.

O país de destino e a empresa de acollida serán adxudicados polo IES A Pinguela segundo os obxectivos da FCT.

Contía das axudas: as publicadas en:

http://sepie.es/doc/convocatoria/2021/ES/2021_anexo_iv_monomulti_ka131.pdf

(Abonarase o 80% ao comezar a mobilidade e o 20% restante cando se presenten os informes da estancia)

 

  • REQUISITOS DOS CANDIDATOS
    • Alumnos dos Ciclos Superiores do IES A Pinguela durante o curso 2021-2022 que curse o módulo de FCT ou alumnos titulados no curso 2020-2021.
  • INSTANCIAS

Enviarase en prazo a seguinte documentación en formato electrónico á dirección ies.pinguela@edu.xunta.gal (a solicitude asinada entregarase tamén en papel ao profesor coordinador de proxectos internacionais):

  • ÓRGANOS DE SELECCIÓN

Comisión de Mobilidade, formada por:

    • Director do centro
    • Profesor coordinador de proxectos internacionais
    • Titores de cada ciclo formativo implicado para o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT)
  • CRITERIOS DE SELECCIÓN

Serán seleccionados segundo os criterios seguintes coas cuantificacións e ponderacións indicadas:

1

Nivel de ingresos da súa unidade familiar:
Puntuación total (10) se foi bolseiro no curso anterior ó da selección; nula (0) no caso contrario

10%

2

Expediente académico.
Nota media sobre 10 dos módulos ata dous trimestres antes da FCT

20%

3

Nivel acreditado da lingua no país de destino.
Para elo tendranse en conta os estudos previos do idioma do país de acollida que acredite e realizaraselle unha proba avaliadora de selección enfocada cara a comprensión e a expresión oral e escrita por parte do profesor responsable da formación lingüística e cultural ou outro colega con competencias no idioma obxectivo (Puntuación segundo os niveles ECRFL acreditados <A1:0; A1:4 ; A2: 6; B1:8 ; >=B2: 10)
Para linguas de destino distintas do inglés, se o candidato non acredita competencias nela, valoraranse as competencias acreditadas en inglés según o nivel ECRFL <A1:0; A1:1 ; A2: 2; B1:3 ; >=B2: 4

30%

4

Nivel de motivación para participar no proxecto e madurez persoal:
Avaliada pola Comisión de Mobilidade (puntuación sobre 10) e consensuada pola mesma tendo en  conta: motivación, habilidade de comunicación, flexibilidade, empatía, capacidade de traballo en equipo, capacidade de compromiso, responsabilidade.

40%

 

  • PUBLICACIÓN LISTA PROVISIONAL: 7/12/2021.
    Publicarase neste sitio web.
  • PRAZO DE RECLAMACIÓN: Dende o 7/12/2021 ate o 10/12/2021.
  • Envío de reclamacións por correo electrónico a ies.pinguela@edu.xunta.gal
  • PUBLICACIÓN LISTA DEFINITIVA: 13/12/2021.
    Publicarase neste sitio web.



CONVOCATORIAS ANTERIORES


 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela