CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE PROFESORADO DE CICLOS MEDIOS PARA ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS - JOB SHADOWING: 2021-2022.
Proxecto_2020-1-ES01-KA102-080614- EUROPING 20/22
BASES DA CONVOCATORIA:
Bolsa para realizar estadías en empresas do estranxeiro, para profesores das familias profesionais do IES A Pinguela con oferta de ciclos de grao medio, dentro do programa Erasmus + (proxecto: 2020-1-ES01-KA102-080614- EUROPING 20/22)
Duración: máxima duración da estadía de 5 días (incluída viaxe).
Número de prazas: 1
Prazo de presentación: ata o 30 de novembro de 2021
Países destino: países da Unión Europea
Os participantes seleccionados recibirán o 80% da axuda antes da mobilidade e o 20% despois, unha ver presentadas a aprobadas a memoria final (que inclúe certificado da estadía) e a memoria Erasmus+.
DESTINO |
PRAZAS |
MANUTENCIÓN e ALOXAMENTO (máximo) |
VIAXE |
País da UE |
1 |
520,00€ |
275,00€ |
As tarifas da manutención están publicadas neste
enlace.
- REQUISITOS DOS CANDIDATOS
Profesores das familias profesionais do IES A Pinguela con oferta de ciclos de grao medio.
Entregarase en prazo a seguinte documentación ó profesor coordinador de proxectos internacionais e por correo electrónico a ies.pinguela@edu.xunta.gal :
Comisión de Mobilidade, formada por:
- Director do centro
- Profesor coordinador de proxectos internacionais
- Xefe do departamento de imaxe persoal
- Xefe do departamento de administrativo
- Xefe do departamento de informática
Serán seleccionados segundo os criterios seguintes coas cuantificacións e ponderacións indicadas:
1 |
Nivel acreditado da lingua no país de destino:
Según nivel ECRFL <A1:0; A1:4; A2: 6; B1:8; >=B2: 10 |
30% |
2 |
Proxecto Formativo:
Avaliado pola Comisión de Mobilidade (puntuación sobre 10) e consensuada pola mesma tendo en conta a xustificación e a adecuación dos obxectivos |
70% |
- MEMORIAS
- Entregarase unha memoria final, que inclue o certificado da estadía no plazo dun mes a partir da data de finalización da estadía formativa segundo o seguinte anexo (pódelo descargar nesta ligazón)
- Ademáis cumplimentarase online unha memoria para Erasmus+.
- PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE BENEFICIARIOS
Avaliadas as solicitudes pola comisión de mobilidade, publicarase neste sitio web.
Habilitarase un prazo de reclamacións á listaxe provisional de tres días hábiles dende a publicación da mesma. Serán dirixidas ao profesor coordinador de proxectos internacionais no correo ies.pinguela@edu.xunta.gal.
- PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE BENEFICIARIOS
Finalizado o prazo de reclamacións, publicarase a listaxe definitiva de beneficiarios neste sitio web.
Convocatoria 2018
Convocatoria 2017
|