IES A Pinguela - Oferta educativa - Ciclos - Ciclo Medio de Estética  e Beleza
ESTÉTICA E BELEZA
 
  CICLO MEDIO  
 
ACCESO A OUTROS ESTUDOS

Desde un punto de vista académico, a superación dun ciclo de grao medio só faculta para o acceso mediante proba ós ciclos formativos de grao superior da mesma familia profesional á que pertence o título acadado polo aspirante, sempre que se teñan 18 anos cumpridos, ou se cumpran no mesmo ano natural de realización da proba.

Actualmente non se permite o acceso directo ós ciclos de grao superior, se ben está prevista a implantación de cursos de paso cara ós ciclos superiores.

Doutra banda, ó remate dun ciclo medio o alumnado poderá acceder ás distintas modalidades de Bacharelato.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela