CONTORNO PROFESIONAL E DE TRABALLO
Esta figura exerce a súa actividade profesional dentro do subsector de "servicios persoais" e máis concretamente na actividade de Estética, desenvolvendo os procesos de prestación de servicios de Estética Decorativa e de asesoramento e atención permanente ó cliente en:
- Salóns de beleza.
- Departamentos de beleza de empresa dedicada ó tratamento da imaxe persoal integral.
- Equipos técnicos dependentes de laboratorios e casas comerciais que desenvolven a súa actividade no ámbito da estética, como probadores, demostradores e vendedores.
- Hospitais, centros xeriátricos e empresas de servicios fúnebres.
- Clínicas de medicina estética.
- Departamento de estética das TV.
- Estudios de gravacións.
- Estudios de fotografía e video.
- Escolas de modelos profesionais, pasarelas de moda, ...
- Escolas de asesoría de imaxe.
OCUPACIÓNS OU POSTOS DE TRABALLO TIPO MÁIS RELEVANTES
A título de exemplo e con fins de orientación profesional enuméranse as ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñadas por este profesional:
- Esteticista.
- Estilista.
- Maquillador ou maquilladora.
- Manicurista e pedicurista.
- Especialista en prótese de uñas.
- Vendedor de cosméticos.
- Representante de laboratorios e firmas comerciais.
- Asesor ou asesora de beleza. |