A este técnico ou técnica, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:
- A creación, xestión, planificación e dirección do seu propio negocio, coordinando, no seu caso, as tarefas e funcións do persoal ó seu cargo.
- Exercicio e actividades xerais derivadas da atención permanente ó cliente e da prestación de servicios nun salón de beleza.
- A demostración, asesoramento e venda de productos, utensilios e aparellos de uso en beleza, tanto a clientes como a outros profesionais.
- A depilación por procedementos mecánicos.
- A decoloración da peluxe.
- A limpeza superficial e profunda da pel do rostro e o corpo.
- A realización de maquillaxes personalizadas.
- Os cambios permanentes na forma e na cor das pestanas e cellas.
- Manicura, pedicura e tratamentos estéticos específicos para mans e pés.
- A escultura e aplicación de próteses de uñas.
- A realización de maquillaxes de fantasía e maquillaxes para fotografía, cine, teatro e televisión.
- A xestión e administración da empresa. |