Este profesional será capaz de:
- Instalar e configurar software básico e de aplicación, redes locais cableadas, inalámbricas ou mixtas e conectadas a redes públicas.
- Instalar, configurar e manter servizos multiusuario, aplicacións e dispositivos compartidos nunha contorna de rede local.
- Montar e configurar ordenadores e periféricos.
- Determinar a loxística asociada ás operacións de instalación, configuración e mantemento de sistemas microinformáticos.
- Diagnosticar disfuncións en sistemas microinformáticos e redes mediante probas funcionais.
- Reformular o cableado e a electrónica de redes locais en pequenas contornas e a súa conexión con redes de área extensa.
- Executar procedementos establecidos de recuperación de datos e aplicacións ante fallos e perdas de datos no sistema.
- Elaborar documentación técnica e administrativa do sistema, elaborar orzamentos e asesorar ao cliente.
Estes ensinos inclúen os coñecementos necesarios para levar a cabo as actividades de nivel básico de prevención de riscos laborais.
|