-
Para acceder aos ciclos formativos de grao medio en réxime ordinario de formación profesional requerirase cumprir algún
dos seguintes requisitos:
- Título de ESO (LOE e LOXSE)
- Título de ESO con avaliación final pola opción de ensinanzas aplicadas (LOMCE)
- 2° de BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos
- 2° curso de primeiro ciclo experimental da REM
- Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, 3° curso do plan de estudos de 1963 ou 2° curso experimental
- Título profesional básico
- Módulos obrigatorios dun PCPI
- Algún dos requisitos para acceso a ciclos superiores
- Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores
- Tamén poderán acceder as persoas que superasen:
- O curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio
- A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional,
a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de
ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño
O regulamento de acceso a ciclos está publicado na web da Consellería de Educación e Ordeación Universitaria de Galicia en forma
de borrador. Podes acceder a él dende aquí
|