- Segundo o establecido no artigo 43 do
Decreto 114/2010, do 1 de Xullo, polo que
se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, poderá incorporarse
á oferta polo réxime para as persoas adultas quen teña feitos dezaoito anos ou os faga no ano natural en que comece
o curso escolar
Excepcionalmente, poderán acceder as persoas maiores de dezaseis anos que o soliciten e teñan un contrato laboral que lles impoida acudir aos centros educativos
polo réxime ordinario, ou sexan deportistas de alto rendemento. As persoas que accedean por esta condición poderán matricularse no caso de haber prazas liberadas con autorización
da inspección educativa
- Con carácter xeral, as condicións de acceso á oferta por este réxime serán as mesmas que as establecidas para o
réxime ordinario
- Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, poderán
acceder á oferta parcial sen cumprir os requisitos académicos de acceso as persoas adultas que desexen cursar ofertas de módulos profesionais
incluídos en títulos e asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. As persoas que accedan por esta
condición poderán matricularse no caso de haber prazas liberadas, sempre que acrediten unha experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha
actividade laboral
directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo que desexen cursar. Esta formación será acumulable para a obtención dun título de
formación profesional, pero para obtelo cumprirá acreditar os requisitos académicos de acceso correspondentes
O regulamento de acceso a ciclos está publicado na web da Consellería de Educación e Ordeación Universitaria de Galicia en forma
de borrador. Podes acceder a él dende aquí
|