Desde un punto de vista académico, a superación dun ciclo de grao medio só faculta para o acceso mediante proba ós ciclos formativos de grao superior da mesma familia profesional á que pertence o título acadado polo aspirante, sempre que se teñan 18 anos cumpridos, ou se cumpran no mesmo ano natural de realización da proba.
Actualmente non se permite o acceso directo ós ciclos de grao superior, se ben está prevista a implantación de cursos de paso cara ós ciclos superiores.
Doutra banda, ó remate dun ciclo medio o alumnado poderá acceder ás distintas modalidades de Bacharelato. |