IES A Pinguela - Oferta educativa - Ciclos - Ciclo Medio de Perrucaría
PERRUCARÍA
 
  CICLO MEDIO  
 
INTRODUCIÓN

A este técnico ou técnica, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

- A creación, xestión, planificación e dirección do seu propio negocio, coordinando as funcións e tarefas do persoal ó seu cargo.

- Exercicio das funcións e actividades xerais derivadas da prestación de servicios e da atención permanente á clientela durante a súa permanencia no salón de perruquería.

- As funcións de venda de productos cosméticos, utensilios e aparellos de uso en perruquería, tanto a clientela como a outros profesionais do ramo.

- Asesoramento sobre posibles cambios de aspecto no cabelo e a execución técnica de cambios de cor, de lonxitude e de forma da cabeleira.

- Diagnóstico de alteracións estéticas capilares e prescripción de tratamentos estéticos capilares.

- A selección e preparación dos productos cosméticos necesarios e auxiliares para a execución das operacións técnicas que son da súa competencia.

- A execución de técnicas de manicura e pedicura.

- Arranxo e rasurado de barba e bigote.

- A aplicación de posticería.

- A venda directa de productos cosméticos, utensilios e aparellos de uso en perruquería.

- A definición de novas tendencias ou estilos de peiteado de forma xenérica e a súa personalización, todo isto seguindo a liña establecida na política empresarial.

- As actividades de promoción empresarial.

Currículo do ciclo formativo
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela