IES A Pinguela - Oferta educativa - Ciclos - Ciclo Medio de Perrucaría
PERRUCARÍA
 
  CICLO MEDIO  
 
SAÍDAS PROFESIONAIS

CONTORNO PROFESIONAL E DE TRABALLO

Esta figura exercerá a súa actividade profesional dentro do subsector de "Servicios Persoais" e, máis concretamente, na actividade de Perruquería, desenvolvendo os procesos de prestación de servicios de Perruquería e de asesoramento e atención permanente á clientela en:

- Salóns de perruquería.

- Departamentos de perruquería de empresa dedicadas ó tratamento da imaxe persoal integral.

- Departamentos de perruquería de canles de TV, teatros, etc.

- Clínicas de tratamentos e transplantes capilares.

- Equipos técnicos dependentes de laboratorios e marcas comerciais que desenvolven a súa actividade no ámbito da perruquería, como probadores, demostradores e vendedores.

- Hospitais, centros xeriátricos e empresas de servicios fúnebres.

- Clínicas de medicina estética.

- Balnearios, hoteis, ximnasios, etc.

OCUPACIÓNS OU POSTOS DE TRABALLO TIPO MÁIS RELEVANTES

Con fins de orientación profesional enuméranse a continuación ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

Esta figura profesional poderá formar parte dos equipos de:

- Técnico colaborador con profesionais do ámbito sanitario en clínicas de tratamentos e transplantes capilares.

- Equipos técnicos de demostración e/ou venda de productos materiais e aparellos de casas comerciais.

- Asesorías de imaxe persoal como técnico-estilista.

- Clínicas de medicina estética.

- Balnearios e centros de tratamentos estéticos e saúde integral.

As ocupacións ou postos de traballo que poderá desempeñar son:

- Dirección técnico-artística de salóns de perruquería.

- Estilista.

- Perruqueiro ou perruqueira.

- Manicura.

- Barbeiro ou barbeira.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela