IES A Pinguela - Oferta educativa - Ciclos - Ciclo Medio de Xestión Administrativa
XESTIÓN ADMINISTRATIVA
 
  CICLO MEDIO  
 
CONDICIÓNS DE ACCESO

Pódese acceder de xeito directo, no caso de cumprir determinadas condicións, ou ben mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas:

1.- Para acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional requirirase dispor do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

2.- Sen prexuízo do establecido no número anterior, poderase acceder de forma directa aos ciclos formativos de grao medio con estas titulacións ou estudos superados:

a) Título de técnico dun ciclo formativo de grao medio de formación profesional específica.

b) Título de técnico auxiliar de formación profesional.

c) Segundo curso do bacharelato unificado e polivalente (BUP).

d) Segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).

e) Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, terceiro curso do plan de estudos de 1963 ou segundo curso de comúns experimental.

f) Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.

3.- Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional, sen cumpriren os requisitos mencionados nos números 1 e 2 anteriores, as persoas solicitantes que teñan superado a proba de acceso aos ciclos formativos prevista no artigo 41.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, e desenvolvida no artigo 22 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro.

4.- Quen teña superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos poderá acceder, se así o solicita, pola cota reservada a probas de acceso indicada no artigo 3.1º. b) da presente orde, coa cualificación de 5,00 puntos para os efectos de baremación.

Para máis información ...

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela