CONTORNO PROFESIONAL E DE TRABALLO
Esta figura exercerá a súa actividade en calquera empresa,
independentemente do sector económico ó que pertenza, e
especificamente no sector financeiro e na Administración Pública.
No sector financeiro, os principais subsectores nos que poida desenvolve-la súa actividade son:
- Bancos privados e públicos.
- Caixas de aforros.
- Corporacións e institucións de crédito e financiamento,.
- Seguros.
- Outros servicios financeiros prestados ás empresas.
Na Administración Pública:
- Central.
- Local.
- Autonómica.
En calquera empresa de ámbito público e privado que realice a súa
actividade en calquera dos tres sectores económicos, dentro da función
de administración e xestión.
O técnico en xestión administrativa realizará o seu traballo en equipo,
actuando baixo instruccións e realizando tarefas de maior ou menor
polivalencia e responsabilidade en función do tamaño e actividade da
empresa.
OCUPACIÓNS OU POSTOS DE TRABALLO TIPO MÁIS RELEVANTES
O conxunto de ocupacións ou postos de traballo tipo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título son:
Auxiliar administrativo, axudante de oficina, auxiliar de documentación e arquivo, xestor de cobros e pagos, caixeiro, administrativo de banca e institucións financeiras, empregado de tesourería, empregado de medios de pagamento, empregado de carteira, empregado de valores, empregado de "estranxeiro", auxiliar administrativo da Administración Pública, empregado de seguros de producción, sinistros e reaseguros, administrativo comercial, administrativo de xestión e de persoal.
|