IES A Pinguela - Oferta educativa - Ciclos - Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en rede
DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB
 
  CICLO SUPERIOR  
 
FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

QUE É

Módulo de carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos. Son prácticas de carácter non laboral que se desenvolven nun ámbito produtivo real, con contidos consistentes na realización de actividades produtivas propias do perfil profesional.

Indispensable para a obtención do título académico.

OBXECTIVOS

- Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos nos centros educativos.

- Coñecer e comprender, de forma real, a organización socio-laboral dun centro de traballo.

- Avaliar a competencia profesional do alumnado nunha situación real de traballo coa participación empresarial.

FINALIDADES

- Completar a formación adquirida no centro educativo.

- Adquirir a competencia profesional de cada título e unha madurez profesional motivadora de futuras aprendizaxes.

- Avaliar e acreditar os aspectos máis relevantes da competencia requirida no emprego.

- Adquirir o coñecemento da organización produtiva e o sistema de relacións sociolaborais do centro de traballo co fin de facilitar a súa futura inserción laboral.

Para máis información ...

MÓDULO DE FCT NO ESTRANXEIRO

O módulo de FCT poderá realizarse total ou parcialmente en empresas do estranxeiro (Irlanda, Reino Unido, …) seguindo unha preparación previa en lingua inglesa con clases de reforzo durante a etapa do alumno no centro educativo e clases de reforzo no país de destino.

O departamento de informática leva coordinando prácticas no estranxeiro dende o curso 2004-05 con programas Leonardo da Vinci e Erasmus.

Para ampliar información sobre os proxectos europeos preme neste enlace.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela